‘O Cantiño’, de novo na rúa
Xuño 30, 2008 12:41 pm PolÃticaNo Bloque Nacionalista Galego de Lugo vimos de recuperar O Cantiño, a publicación que xa editamos nunha etapa anterior, concretamente de 1995 a 2003. O novo formato, a toda cor, foi presentado o pasado martes nun acto público na GalerÃa Sargadelos no que a compañeira Paz Abraira e o responsable local do BNG en Lugo, Xosé Lois Devesa, fixeron unha análise a situación polÃtica actual, tanto na cidade de Lugo como no panorama galego, coa perspectiva das vindeiras eleccións autonómicas do mes de marzo.
Editamos 40.000 exemplares desta publicación, que terá a partir de agora unha periodicidade semestral e que chegará a todos os domicilios co obxectivo de que os cidadáns de Lugo estean informados de primeira man de todo canto acontece no Concello. Os contidos afondan en distintos temas dende un punto de vista analÃtico e aportan as claves necesarias para comprender as solucións a moitos dos problemas da cidade.
No número que vén de saÃr á rúa, o BNG fai un repaso polos principais temas de actualidade na cidade contado en primeira persoa polos concelleiros do BNG. Antón Bao analiza, por exemplo, a solución final para a construción do auditorio e o Museo da Romanización na cidade de Lugo, Paz Abraira detalla cal e a situación a dÃa de hoxe do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Xosé Chorén compara o modelo de benestar social que está a pór en marcha o BNG dende a Vicepresidencia da Xunta co modelo que está a aplicar o PSOE no Concello de Lugo e eu mesmo fago un balance do último ano de Goberno en minorÃa de Orozco.
Paralelamente á iniciativa de recuperación desta publicación, o Bloque Nacionalista Galego porá en marcha nos próximos meses unha ambiciosa campaña de afiliación na cidade de Lugo co obxectivo de incrementar a base social do nacionalismo en Lugo. Esta campaña ten como obxectivo lograr un maior achegamento social e afondar nun maior contacto coa cidadanÃa. O responsable local do BNG, Xosé Lois Devesa, explica no Cantiño cal é o funcionamento interno do BNG e anima aos lugueses e luguesas a participar na toma de decisións.
Podes descargar aquà o último número do Cantiño:Â
o-cantino-xuno-2008

