Os gastos municipais en época de crise económica

2:50 pm Cousas do Concello, Política

O anuncio feito esta semana polo alcalde de Lugo, como medida para paliar a actual crise económica, de non subirlle o soldo aos seus concelleiros o vindeiro ano (neste momento o salario do alcalde de Lugo é de 4.590 euros ao mes por 14 pagas e o dos seus concelleiros de 3.411 euros ao mes) é moi loable dende o punto de vista persoal pero de moi pouca incidencia dende o punto de vista económico para as arcas municipais. Trátase, efectivamente, da primeira medida a tomar en época de vacas fracas, pero ten unha intención máis propagandística que efectiva e pretende tapar seguramente moitos outros despilfarros de fondos públicos dos que Orozco non está disposto a prescindir.

Preténdese a través desta conxelación salarial aforrar uns 40.000 euros, que é ben pouco comparado con moitos dos gastos sen sentido feitos no que vai de ano polo Goberno municipal do PSOE. Estes son só algúns exemplos: fotos cociñando na Praza (30.000 euros), viaxe a China (20.000 euros), excursión ao gran premio de Fórmula 1 en Montmeló (11.000 euros), dous directores xerais (120.000 euros).

Así pois, no BNG queremos facerlle a Orozco unha proposta para reducir gastos moito máis ambiciosa que a anunciada porque, por que conformarnos con reducir 40.000 euros podendo reducir 220.000?

Para iso propoñémoslle a Orozco que non se quede nunha simple contención salarial de altos cargos, senón que presdinda directamente dos dous directores xerais que ten neste momento contratados (un de Novas Tecnoloxías e outro de Policía) e que lle custan ao Concello 60.000 euros ao ano cada un. Ademais de non ser necesarios, son mesmo contraproducentes; non hai máis que ver o caso do director xeral da Policía que, lonxe de resolver nada, o que fixo foi empeorar as cousas.

Con tanto director xeral e tanto persoal de confianza, a cidade ten neste momento o Goberno municipal máis caro da historia de Lugo. O Goberno de Orozco custa aos contribuíntes 1,6 millóns de euros ao ano, máis do dobre do Goberno de coalición co BNG de 1999 a 2003. E é preciso lembrar tamén que foi coa axuda do PP coa que Orozco aprobou o seu actual Goberno, que está claramente sobrecargado de asesores e cargos diversos, polo que o PP é tamén cómplice e corresponsable dese gasto desmesurado.

E pedímoslle ademais a Orozco que, para reducir gastos de verdade, prescinda de viaxes como a que ven de facer a China ou a que fixo a comezos de ano a Santo Domingo e que acabe tamén con auténticos escándalos como foron este ano a contratación dunha vidente para impartir charlas para rapaces ou a viaxe organizada polo Concello á Formula 1 a Montmeló.

En definitiva, o modelo orzamentario do BNG aposta por eliminar os gastos innecesarios e supérfluos, que son claramente improdutivos. Presentaremos, como o ano pasado, a nosa propia proposta orzamentaria, que volverá a estará baseada en tres eixos fundamentais: 1) Reducción do gasto supérfluo e improdutivo incluído; 2) Incremento dos investimentos en obras ata alcanzar o 25% do total do Orzamento; 3) Incremento notable das partidas destinadas a política social como mellor antídoto en época de crise para as clases sociais máis desfavorecidas.



2 Comentarios

  1. Augias Di:

    Sería bueno que le recordarais a la niña mimada de Corosco (Sonia Méndez) que deje de actuar como su padrino, mintiendo y engañado a los lucenses, en este caso, con la ejecución del presupuesto. Dice Sonia en la web municipal que tiene en ejecución el 72% del presupuesto para 2008 y dice textualmenta para poner como prueba de que la oposición miente esto
    ” Méndez destacou que neste momento hai obras en execución tan importantes como os accesos ao novo hospital, “unha infraestrutura fundamental para a cidade, e que contan cun investimento de 1.300.000 euros en execución. Esto non o contabilizan os que critican o orzamento”
    Pues claro que no lo contabilizan, Sonia, porque ese dinero no pertenece al presupuesto de 2008 sino a presupuestos de años anteriores que Corosco no gastó como hace siempre.
    Como prueba tenemos que en los presupuestos para el año 2008 (que se pueden ver en la misma página web municipal) en el capítulo VI de inversiones sólo están presupuestados para el Hospital la cantidad de 832.306 euros y no para los accesos del Hospital sino para la suministración de energía al mismo (partida nº 5112.60309). Es imposible por tanto gastar 1.300.000 euros cuando sólo presupuestas 832.306, Sonia. Estás gastando lo de presupuestos anteriores, no lo de este año.
    Corosco tiene una buena discípula en el arte del engaño y la mentira.

  2. Augias Di:

    Otro engaño clásico de Corosco reproducido ahora por Sonia Méndez es que el capitulo II del Presupuesto municipal es exclusivamente gasto social.
    ASí lo dice textualmente en la página web municipal
    ” Gasto corrente necesario
    A Concelleira quixo ademais aproveitar a comparecencia, para explicar o que é gasto corrente xa que a oposición pediu que se reducise este nun 20%, obviando o significado deste gasto. “O gasto corrente é o gasto social, o gasto en axuda a domicilio, en actividades sociais, culturais, en deporte. Tamén é o gasto en limpeza, recollida de residuos, mantemento de zonas verdes…Son partidas orzamentarias derivadas de contratos que temos anualmente e que aumentan polo IPC e porque cada ano aumenta a superficie verde do concello, as rúas que se limpan e as persoas beneficiadas dos servizos e que participan nas actividades do Concello”.

    A redución do gasto corrente polo tanto implicaría unha reducción na prestación de servizos á cidadanía “os grupos da oposición piden esto, polo tanto que digan a que queren renunciar. Estamos dispostos a reducir gastos, pero este equipo de goberno nunca reducirá o gasto social nin público, por moito que digan”

    Eso es mentira, el capítulo II de los presupuestos se denomina “Gastos corrientes en bienes y servicios” No es exclusivamente como nos quiere colar la niña mimada de Corosco, un gasto social sino que también incluye los gastos que tiene el Ayuntamiento en servicios para su su funcionamiento como es el papel, bolígrafos, material informático, agua corriente, suministro eléctrico, combustible, gastos de locomoción, dietas, etc.
    Ahí es donde la oposición pide que se ahorre, Sonia, y ahi es donde se puede y se debe ahorrar.
    Por ejemplo, se puede ahorrar en viajes inútiles a China, se puede ahorrar en dejar de contratar a videntes para cursos inútiles de interpretación de sueños, se puede ahorrar en contratar asistencias técnicas en informes que pueden hacer los funcionarios del Ayuntamiento, etc
    Ya está bien de engañar a la gente.
    Si cualquier estudiante de 1º de empresariales o cualquiera que haga unas oposiciones sabe lo que es el Capítulo II del Presupuesto.
    Parece que Dª Sonia no estudió ni las 2 tardes de economía que le recomendaban a ZP

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.