Cuestión de confianza

A cidade, Cousas do Concello, Política 1 Comentario

INTERVENCIÓN NO DEBATE PLENARIO DA CUESTIÓN DE CONFIANZA
Lugo, 10 de novembro de 2008

Boas tardes
Grazas señor Alcalde,

Comezarei en nome do Bloque Nacionalista Galego a miña intervención dicindo que non é do agrado do Bloque Nacionalista Galego ter chegado a esta situación. Coido que os cidadáns de Lugo nos esixen aos seus representantes políticos responsabilidade e sentido común. E tamén unha explicación do acontecido.

Leer o resto …

Orzamentos para 2009: a proposta do BNG

A cidade, Cousas do Concello, Política 2 Comentarios

Anda estes días o Goberno de Orozco tentando confundir aos cidadáns cunha cuestión clave para a cidade como son os Orzamentos Municipais para 2009. O BNG fixo unha proposta seria e rigorosa para mellorar os Orzamentos que propón o Goberno en minoría do PSOE e que vou tentar explicar e detallar neste artigo.
Leer o resto …

Policía Local: o momento da sensatez

A cidade, Cousas do Concello Non hai comentarios

A Policía Local está para dar seguridade aos cidadáns, non para crear xusto o contrario. Parece un axioma de perogrullo, pero convén lembralo no caso de Lugo dadas as actuais circunstancias e antecedentes. Sentada esta máxima como base, pasaremos a debullar polo miúdo un conflito laboral entre policías e o Goberno municipal que dura xa tempo demais e que ten consecuencias moi graves para todos os cidadáns.

Leer o resto …

Debate sobre o Estado da Cidade

A cidade, Cousas do Concello, Política Non hai comentarios

Este luns celebrouse no Concello o primeiro Debate sobre o Estado da Cidade e resultou, ao meu xuízo, bastante decepcionante. Decepcionante porque o alcalde quixo convertelo nun Monólogo sobre o Estado da Cidade. Interviu durante máis de dúas horas e só deu 25 minutos aos grupos da oposición. E decepcionante porque nesas dúas horas Orozco non aportou nada novo máis que contarnos cantas flores e cantos bolardos hai na cidade. Ningún proxecto de futuro, ningunha nova proposta.

O Bloque centrou a súa intervención en facer unha análise da situación actual da cidade detectando as súas eivas e propoñendo as medidas correctoras para acadar unha solución. Este foi o noso discurso:

Leer o resto …

Dilixencia ferroviaria

A cidade, Política Non hai comentarios

Cando rexurde, como o fixo estes días con forza, a preocupación polo estado do tren na nosa provincia, sería interesante facer historia, porque ás veces a historia repítese, e ver como se chegou á situación de abandono, agardo que reversible, na que nos atopamos. Remóntandonos aos comezos, á instauración do ferrocarril como medio de transporte, cómpre ter presente que en Galiza agardabamos aínda pola locomotora do progreso (a física e a mental) que reclamaba Curros con insistencia, cando xa había máis de 30 anos que os trens circulaban por Cataluña.

Leer o resto …

Lugo debe ser referente no turismo

A cidade Non hai comentarios

Ao pasear estes días pola cidade, confirmo unha sospeita que viña matinando nestes últimos meses: en cuestión de turismo, Lugo ten aínda moito por facer. Tanto a cidade como a provincia teñen un enorme potencial que moitas veces os propios lugueses descoñecemos por falta de promoción, algo que se agrava se pensamos na xente de fóra que non conta con Lugo como alternativa de ocio durante o seu tempo de lecer. Non se nos debe esquecer o feito de que en distancias ben curtas temos ao alcance as praias da Mariña ou a montaña do Caurel ou dos Ancares. Recursos que se complementan perfectamente coa riqueza patrimonial e artística que atesouran moitas das vilas da provincia e en concreto a cidade de Lugo.

Leer o resto …

Cen anos de ‘El Progreso’

A cidade Non hai comentarios

El Progreso cumpre hoxe un século de vida. Penso que é un feito relevante e quero felicitar de maneira sincera ao xornal e aos seus traballadores. E quero, como agasallo, transcribirvos a continuación o discurso que en nome do Bloque Nacionalista Galego lin o pasado mes de xuño na sesión plenaria na que lle foi concedida a El Progreso a Medalla de Ouro da cidade de Lugo. Moitas felicidades e 100 anos máis de vida.

Leer o resto …

O tráfico na Ro(to)nda da Muralla

A cidade 2 Comentarios

Hai un tempo alguén me dixo que na provincia de Lugo estaban as dúas rotondas máis grandes de Europa: a de Viveiro, que ten a ría no medio, e a de Lugo, que ten unha muralla romana de máis de dous quilómetros de longo a modo de escultura central. E tiña razón, porque hoxe a Ronda é unha auténtica rotonda de dous carís arredor da muralla.

Temos un problema real e serio nesta cidade coa circulación na Ronda da Muralla. Xa non só pola gran densidade de tráfico que soporta, senón polas velocidades que nela se alcanzan. Non quero ser alarmista nin catastrofista, pero acabamos de ver esta mesma fin de semana tres novos episodios de accidentes que ben puideron ter consecuencias graves contra a seguridade dos viandantes en zonas onde xa se teñen producido varias mortes e atropelos.

Leer o resto …