Propostas diante da crise económica

Política Non hai comentarios

Unha forza política útil é aquela que dá solucións aos problemas do país. O Bloque Nacionalista Galego serve a Galiza, e por iso, diante da actual situación de crise económica, queremos aportar solucións e alternativas pensadas dende Galiza para os problemas de Galiza. Vou tentar explicarvos neste artigo en que consisten esas medidas.

Cúmprense agora 90 anos da Primeira Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en 1918 e igual que hai 90 anos os nacionalistas ofrecían alternativas á situación e aos problemas do país naquel momento dende unha mirada propia, os nacionalistas hoxe damos solucións propias á crise. Porque un modelo económico importado tróuxonos a crise, mais só con medidas propias, adaptadas á nosa realidade, poderemos saír dela.
Leer o resto …

Votar dende a tumba

Política Non hai comentarios

Darío Cobas Fernández leva 18 anos morto. Morreu na Arxentina o 15 de agosto de 1990 pero segue votando puntualmente en cada proceso electoral. Vota nas eleccións xerais, nas autonómicas e mesmo nas municipais. A súa foi unha das 4 partidas de defunción que chegaron á Xunta Electoral de Lugo nas pasadas eleccións Xerais xunto ao correspondente voto e é a constatación máis evidente do escándalo antidemocrático que supón o actual sistema de sufraxio da emigración, para vergoña dos que se negan a poñerlle remedio.

Leer o resto …

Cuestión de confianza

A cidade, Cousas do Concello, Política 1 Comentario

INTERVENCIÓN NO DEBATE PLENARIO DA CUESTIÓN DE CONFIANZA
Lugo, 10 de novembro de 2008

Boas tardes
Grazas señor Alcalde,

Comezarei en nome do Bloque Nacionalista Galego a miña intervención dicindo que non é do agrado do Bloque Nacionalista Galego ter chegado a esta situación. Coido que os cidadáns de Lugo nos esixen aos seus representantes políticos responsabilidade e sentido común. E tamén unha explicación do acontecido.

Leer o resto …

Orzamentos para 2009: a proposta do BNG

A cidade, Cousas do Concello, Política 2 Comentarios

Anda estes días o Goberno de Orozco tentando confundir aos cidadáns cunha cuestión clave para a cidade como son os Orzamentos Municipais para 2009. O BNG fixo unha proposta seria e rigorosa para mellorar os Orzamentos que propón o Goberno en minoría do PSOE e que vou tentar explicar e detallar neste artigo.
Leer o resto …

Orzamentos do Concello: os pecados capitais do 2008

Cousas do Concello, Política 5 Comentarios

Convocounos o Goberno municipal a unha xuntanza mañá venres para falar dos Orzamentos do vindeiro ano. Anda preocupado Orozco porque sabe que por si só, na súa situación de minoría, non pode sacar adiante o proxecto económico máis importante do ano. Pero para iso, Orozco ten que ter presente que é bo rectificar. Porque a cidade non pode avanzar co modelo orzamentario aprobado o ano pasado polo seu Goberno coa axuda do PP.

Aquel era un Orzamento despilfarrador, cargado de gastos improdutivos, sen prioridades claras e con pouco investimento. Chega con mirar como lle foi a ese Orzamento e ver canto del vai executado a día de hoxe, a piques xa de rematar o ano. E aí as cifras non deixan lugar a dúbidas: tan só unha cuarta parte dos 22 millóns de euros dos que dispoñía o Goberno para obras novas para este ano foi investido. Son datos oficiais do Departamento de Intervención do Concello. Aí están, non os inventa o Bloque. E son mostra da anemia do Goberno de Orozco.

Leer o resto …

Debate sobre o Estado da Cidade

A cidade, Cousas do Concello, Política Non hai comentarios

Este luns celebrouse no Concello o primeiro Debate sobre o Estado da Cidade e resultou, ao meu xuízo, bastante decepcionante. Decepcionante porque o alcalde quixo convertelo nun Monólogo sobre o Estado da Cidade. Interviu durante máis de dúas horas e só deu 25 minutos aos grupos da oposición. E decepcionante porque nesas dúas horas Orozco non aportou nada novo máis que contarnos cantas flores e cantos bolardos hai na cidade. Ningún proxecto de futuro, ningunha nova proposta.

O Bloque centrou a súa intervención en facer unha análise da situación actual da cidade detectando as súas eivas e propoñendo as medidas correctoras para acadar unha solución. Este foi o noso discurso:

Leer o resto …

Dilixencia ferroviaria

A cidade, Política Non hai comentarios

Cando rexurde, como o fixo estes días con forza, a preocupación polo estado do tren na nosa provincia, sería interesante facer historia, porque ás veces a historia repítese, e ver como se chegou á situación de abandono, agardo que reversible, na que nos atopamos. Remóntandonos aos comezos, á instauración do ferrocarril como medio de transporte, cómpre ter presente que en Galiza agardabamos aínda pola locomotora do progreso (a física e a mental) que reclamaba Curros con insistencia, cando xa había máis de 30 anos que os trens circulaban por Cataluña.

Leer o resto …

Olimpiadas políticas

Política Non hai comentarios

En Grecia naceron dúas manifestacións de gran transcendencia na sociedade contemporánea: a democracia e os xogos olímpicos. As dúas son mostras senlleiras da capacidade humana por mellorar: a política ten como misión mellorar o espazo público coa necesaria e difícil xestión; o deporte ten como misión mellorar a saúde física do organismo que nos acompaña durante a nosa (sempre corta) vida. Sociedade e corpo humano son os dous eixos sobre os que gravitamos. De nada serve un corpo sano nunha sociedade enferma (metáfora do neoliberalismo), nin tampouco serve unha sociedade sana se temos o corpo enfermo (metáfora do comunismo). Igual que a política ten como misión organizar unha sociedade sana, o exercicio físico ten como misión formar un corpo sano.

Leer o resto …

Os gastos municipais en época de crise económica

Cousas do Concello, Política 2 Comentarios

O anuncio feito esta semana polo alcalde de Lugo, como medida para paliar a actual crise económica, de non subirlle o soldo aos seus concelleiros o vindeiro ano (neste momento o salario do alcalde de Lugo é de 4.590 euros ao mes por 14 pagas e o dos seus concelleiros de 3.411 euros ao mes) é moi loable dende o punto de vista persoal pero de moi pouca incidencia dende o punto de vista económico para as arcas municipais. Trátase, efectivamente, da primeira medida a tomar en época de vacas fracas, pero ten unha intención máis propagandística que efectiva e pretende tapar seguramente moitos outros despilfarros de fondos públicos dos que Orozco non está disposto a prescindir.

Preténdese a través desta conxelación salarial aforrar uns 40.000 euros, que é ben pouco comparado con moitos dos gastos sen sentido feitos no que vai de ano polo Goberno municipal do PSOE. Estes son só algúns exemplos: fotos cociñando na Praza (30.000 euros), viaxe a China (20.000 euros), excursión ao gran premio de Fórmula 1 en Montmeló (11.000 euros), dous directores xerais (120.000 euros).

Así pois, no BNG queremos facerlle a Orozco unha proposta para reducir gastos moito máis ambiciosa que a anunciada porque, por que conformarnos con reducir 40.000 euros podendo reducir 220.000?

Leer o resto …

‘O Cantiño’, de novo na rúa

Política Non hai comentarios

No Bloque Nacionalista Galego de Lugo vimos de recuperar O Cantiño, a publicación que xa editamos nunha etapa anterior, concretamente de 1995 a 2003. O novo formato, a toda cor, foi presentado o pasado martes nun acto público na Galería Sargadelos no que a compañeira Paz Abraira e o responsable local do BNG en Lugo, Xosé Lois Devesa, fixeron unha análise a situación política actual, tanto na cidade de Lugo como no panorama galego, coa perspectiva das vindeiras eleccións autonómicas do mes de marzo.

Leer o resto …

« Entradas anteriores