7
Out
2008
O espello da Valiña

A vontade para solucionar problemas e a xestión tamén se demostran nas pequenas cousas. Hai agora xa un ano, pedísmolle ao laclde que colocase un espello no enlace da pista de Pacios coa N-VI á altura da Valiña. A verdade é que a incorporación non ten moita visibilidade e o espello axudaría. Pois un ano despois, cando lle volvín preguntar polo tema, non sabían se Fomento xa dera permiso e case nin sequera se xa llo pediran. Sobran máis comentarios

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
3
Out
2008
O final dun vertedoiro

Onte, o Consello da Xunta, autorizaba un investimento de máis de 240.000 € para o selamento do vertedoiro incontrolado de lixo de Baralla.
O BNG levaba anos reclamando esta actuación e son este alcalde e ao Partido Popular os responsábeis de que tardase tanto:o PP non o pechou cando gobernaba a Xunta e o alcalde non moveu un dedo para logralo.
Durante anos denunciamos (
Ver hemeroteca), repetidas veces a perigosidade do vertedoiro, por estar situado nas marxes do río Neira e sen ningunha medida de protección. Era un foco de infeccións e de incendios e todos sabemos que cada poucos días non ardía por casualidade.

Ver nota BNG selado do vertedoiro

Ler o resto desta entrada »

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
1
Out
2008
A máis de dous “pedáneos” por parroquia

Contaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar o pago, pero cos cartos de todos. Como sospeitaba o gasto supera os 3000 euros.Tamén me dixo que foran 153 persoas, despois de sumar empregados do Concello, parte da Corporación (nós non asistimos), Garda Civil, Xuíz de Paz e pedáneos (cos seus respectivos acompañantes). Pero claro non saen as contas. Porque gardas civís sabemos todos cantos hai e parroquias temos 30. Polo visto, ten máis de dous “pedáneos” por parroquia.

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
22
Set
2008
O abandono dos accesos … (máis…)

Máis unha vez temos que volver sobre o tema. Este alcalde ten abandonados os accesos aos núcleos. Un mes detrás doutro, temos que denunciar esta situación. Nin se actúa sobre os que xa están deteriorados, nin se actúa sobre os que empezan a estragarse, para evitar que se danen máis. xa falamos dos casos de Lebruxo, de Laxes, de Penouta, de Vilar de Francos, Ribadeneira, … e agora Recesende. Ou é que os 300 millóns das antigas pesetas de orzamento do Concello non dan para amañar as nosas pistas?

O Bloque de Baralla reclama a reparación de accesos a núcleos

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
19
Set
2008
E as subvencións?

A pouco de rematar o ano, nada se sabe da convocatoria municipal de subvencións que estabelce a ordenanza en vigor. Nada se sabe das axudas que agradecerían as asociacións culturais, de mulleres, de veciños, os clubes deportivos que temos no concello. Nada se sabe, porque esa é a táctica deste alcalde.
Nós imos presentar unha iniciativa no próximo pleno para reclamar que abra esa convocatoria. Queremos transparencia e apoio ao traballo das asociacións e á vontade dos nosos deportistas.

Mocion BNG subvencións

Ordenanza reguladora de subvencións do Concello de Baralla

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
15
Set
2008
As obras na N-VI

Un xa non sabe se estaba mellor antes ou agora. A verdade é que as obras de reposición dalgúns tramos do firme da N-VI entre Baralla e Sobrado quedaron con moitas deficiencias: firme desigual e pouco uniforme, zonas necesitadas de mellora e incluso xa se fixeron novos buratos. Cumpriría que o alcalde se dirixise a Fomento para tratar de que solucionen estes problemas. Agora é o momento. E por suposto, que insista en que solucionen o acceso á N-VI desde o núcleo de Constantín. Nós ímosllo pedir.

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
10
Set
2008
Nada para o deporte

Onte falaba cun mozo, un veciño noso que participou esta fin de semana no rallie San Froilán, da súa experiencia na competición e da cantidade de xente que chegou a Láncara e ao Corgo para ver os tramos que se disputaban nestes dous concellos. E contábame que en Baralla contamos con tramos tan bos ou mellores para práctica deste deporte.

E explicáballe eu que esa non era a aposta do alcalde. Que non era este o campo ao que Sr. Capón lle vise rendemento electoral, e por tanto que non esperase apoio para seguir competindo. Non se decata este alcalde da xente que moven as competicións deportivas, do que se falou na prensa destes dous concellos e como non, do diñeiro que quedou en bares e restaurantes da zona neses dous días.

Desde xa hai anos, o Sr. Capón xa non ten interese polo futuro do concello. Tampouco polos seus deportistas.

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
8
Set
2008
Abandono tras abandono

Os condutores que teñen que usar a estrada que une Baralla con Láncara, levan varios meses sufrindo os buratos que se produciron como consecuencia das obras que realizou o Concello, da traída de de auga municipal en Pousada. Desde aquel momento, o alcalde parece que non se volveu acordar de que desfixera a estrada en varios puntos e por non facer, nin sequera se ocupou de cando menos, tapar os furados, mentres non se volve asfaltar. E é unha situación que se repite tamén en distintas pistas do propio núcleo de Pousada. Por certo, unha situación de abandono que se repite alí onde fai algunha obra e que despois esquece por completo.

O BNG de Baralla reclama o arranxo da estrada que vai a Láncara, no núcleo de Pousada

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
4
Set
2008
Seguimos traballando polo pediatra

Malia a resposta que lle vén de dar a Consellería de Sanidade, que dirixe o PSOE, aos nosos deputados no parlamento galego, imos seguir traballando para que poidamos contar cun pediatra, polo menos, un día á semana. O número de cativos avala esa demanda e non é de recibo que todos os concellos do redor si que o teñan e nós non. É xusto e neste caso, tamén necesario.

Clica aquí para ver a resposta da Consellería de Sanidade

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »
3
Set
2008
Cousas sen xeito

Xa denunciamos repetidamente as deficiencias do sistema de recollida de lixo e reclamamos o pechamento do vertedoiro. Agora, en teoría, e por decisión do Sr. Alcalde, parece que imos depositar o lixo na planta de Lugo. Algo que evidentemente nos vai saír máis caro que verter en Becerreá. Pero aí non acaba todo. O pasado día 26, a brigada de obras ??? do Concello, co Sr. Raposeira ao mando, dedicouse a carretar os colectores amarelos de envases e a baleiralos no vertedoiro incontrolado que aínda padecemos ás beiras do río Neira. E aínda que xa sei que case non sorprende, vindo de quen vén, é unha verdadeira vergonza.Por suposto, imos denunciar o tema no próximo pleno de finais de mes.

Escrito por xosemanuelbecerra | Sen Comentarios »