Aninovo

Sen clasificar Non hai comentarios

 

tarxeta_2007.jpg

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Convocatoria praza de alguacil-porteiro do Concello

Sen clasificar 1 Comentario

Hoxe públicase no BOP (Boletín Oficial da Provincia) as bases da convocatoria
da praza de alguacil-porteiro do Concello de Baralla.

Clica aquí para ver as BASES CONVOCATORIA PRAZA DE ALGUACIL

O prazo de presentación de instancias é de 20 días, pero empeza a contar a
partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Xa vos manteremos
informados dese aviso. Se precisades algunha información máis, do procedemento
e incluso dos temarios, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
Podes descargar algunha lexislación relacionada co temario:

Indicámosche tamén alguns accesos nos que podes atopar información sobre
outras partes do temario, neste caso, da parte específica:

Imos seguir cargando información. Mantente atento/a á páxina.

 

 

Outro ano máis, sen actividades no Nadal

Sen clasificar Non hai comentarios

O BNG reclama da Alcaldía, un ano máis, a organización dun completo actividades lúdicas e de ocio nestas datas de vacacións, tanto para os cativos como para adultos e persoas maiores. O voceiro municipal, X. M. Becerra denunciou “a desidia e o desinterese do alcalde polas actividades culturais e o desaproveitamento do Centro Sociocultural, dado que non se desenvolve unha programación de actividades organizada polo Concello” que podería incluír, ademais da cabalgata, teatro, monicreques, contacontos, actividades de maxia, manualidades, xogos de mesa, concursos de carácter literario e de debuxo, etc …
Consideramos que “é preciso que se deseñe un programa de actividades que inclúan unha ampla gama de actividades de lecer, que permita a grandes e pequenos, participar naquelas que máis lles interesen”. O BNG vén de propoñerlle ao Concello un plan de actividades completo que inclúe:

Taller de recuperación de nadais, panxoliñas, cantos de nacemento e vilancicos:

- as xaneiras, aninovos e manueles, no día de fin de ano e Aninovo;

- os reis e aguinaldos na noite de Reis.

Taller de teatro

Programa de representación de obras de teatro

Taller de maxia

Programa de actuación de magos e pallasos

Celebración do día santos inocentes

Talleres de cerámica, debuxo e pintura

Exposición de cómics e pinturas

Maratón de contadores de contos

Taller de recuperación de xogos tradicionais

Programa de actuación de bandas de música

Leer o resto …

O BNG reclama a execución dos alumeados públicos de Matela, Vilares, Teixeira, Quintela, Vilachambre e o Reguengo

Sen clasificar Non hai comentarios

DESPOIS DE 20 ANOS COMO ALCALDE AÍNDA SON MOITOS OS VECIÑOS DO CONCELLO QUE NON CONTAN CON ESTE SERVIZO

O BNG de Baralla presentou unha iniciativa no Concello, que se vai debater no vindeiro pleno, este venres ás 8 da tarde, na que vai reclamar a execución das obras dos alumeados públicos de MATELA, VILARES, TEIXEIRA, QUINTELA, VILACHAMBRE E O REGUENGO. O seu voceiro, Xosé Manuel Becerra lembra que “o proxecto destes alumeados aprobouse en marzo deste ano pola Xunta de Goberno do PP e a día de hoxe, 8 meses despois, o alcalde non moveu un dedo para instalalos”.

Os nacionalistas fan fincapé en que “son aínda moitos os veciños e veciñas que non contan con este servizo, pola desidia e moitas veces polas discriminacións das que é responsábel o alcalde”.O BNG vaise interesar pola previsión do alcalde sobre os alumeados dos varios núcleos aínda pendentes, e lembra que xa presentou diversas iniciativas para completar os alumeados en todos os núcleos do concello.

Ver noticia El Progreso

Pleno de novembro

Eventos Non hai comentarios

30 Novembro 2007

Pleno ordinario do mes de novembro. Animávosvos a asistir. Todos os plenos son públicos.

UN PLENO QUE XIRA SOBRE INICIATIVAS DO BNG

O pleno deste venres, agás un punto de información sobre o consello escolar, vai xirar ao redor das iniciativas do BNG. O voceiro nacionalista salienta “que o BNG sabe que o concello ten moitas carencias e fai propostas serias para solucionalas”.

Así, presentou unha moción para a posta en marcha da galescola de Baralla e tamén se vai interesar polo pechamento do vertedoiro de lixo e a construción dun punto limpo. Ademais, vai solicitar a colocación dun espello na Valiña – na intersección da N-VI coa pista de Pacios-, e o amaño dos accesos á vivenda de Ribadeneira en Quinta. O BNG lembra que estes accesos permanecen completamente abandonados polo concello e que xa nunha ocasión unha ambulancia tivo que ser remolcada por un tractor, dado o seu estado.

X. M. Becerra salienta que “hai unha total falta de iniciativa e o alcalde non move un dedo para buscar investimentos e melloras para o concello”.

Non á violencia de xénero!

Sen clasificar Non hai comentarios

O grupo municipal do BNG vai presentar unha moción na que solicita do alcalde a creación dun fondo de emerxencia para casos de violencia de xénero, contemplando no orzamento municipal do Concello de Baralla.

 

Para o voceiro nacionalista. X. M. Becerra “precísase que o Concello estableza unha partida específica para tal fin, que sirva para atender os casos de mulleres en situación de violencia de xénero do concello que de maneira urxente necesiten axuda”.

Para o BNG, a propia Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero é un instrumento para unha nova abordaxe da violencia de xénero no ámbito galego, pero lembra que o papel que teñen os concellos nesta loita común é fundamental, xa que poden actuar como ponte de conexión entre as políticas deseñadas a nivel nacional polo goberno galego e os veciños.

X. M Becerra, Andrés Caldeiro e Branca Núñez Cordero, lembran que as cifras de denuncias e de mulleres asasinadas que se repiten ano tras ano, poñen de manifesto que non podemos baixar a garda. O voceiro nacionalista fai fincapé na necesidade de que desde o concello se adopten medidas, porque “a realidade demostra que o problema pode xurdir en calquera momento e en calquera sitio”.

O BNG de Baralla lémbralle ao alcalde que o concello destina unha mínima partida de fondos propios do orzamento do concello a servizos sociais e que desa cantidade non hai nin un só euro dedicado a contar cun fondo de emerxencia para casos de violencia de xénero.

Ver noticia na Voz

Ver noticia no Progreso

 

 

 

 


 

 

Proposta de obras para Medio Rural

Sen clasificar Non hai comentarios

Acabamos de rexistrar no concello unha solicitude para que se convoque un pleno extraordinario para aprobar as obras a incluír dentro do plan de infraestruturas rurais que financia a Consellería de Medio Rural. X. Manuel Becerra subliñou que “para o 2008, a Consellería preve un investimento en Baralla de 100.000 € e é preciso que o Concello achegue unha proposta concreta de actuacións”. O BNG pretende que se amañen as pistas:

Matela-Riosubil ,

Lamas- Mazaille

Lamas-Espiña

Ponte de Covas- Igrexa

Camiño da Igrexa en Vilachambre

Pista vella de Quintela e a pista que vai de Cernadas até o límite co concello de Castroverde.

Algunha delas, como é caso da de Matela-Riosubil e a da Ponte de Covas, xa asumira o seu amaño o Concello no Pleno celebrado a primeiros deste ano 2007, pero a día de hoxe non se lles tocou. Para o voceiro nacionalista, Xosé Manuel Becerra, “todas estes accesos supoñen unha mellora importante para os veciños e veciñas dos núcleos afectados e tamén para as infraestruturas agrarias da zona”. Fai fincapé o BNG, en que este é un bo exemplo das actuacións que compromete a Consellería que dirixe Suárez Canal cos concellos como Baralla.De todos os xeitos, lembra o voceiro nacionalista “as pistas son competencia do concello e xa lle reclamamos ao alcalde un plan de conservación para atendelas periodicamente”. O BNG pídelle ademais ao alcalde, que xestione a utilización do firme reciclado da N-VI ( que se está repoñendo) para mellorar outros varios camiños do concello, como é o caso do que vai da Casa de Perón á Taberna de Val ou o que une Biduedo e Castrolanzán, en Neira de Rei.

Ver noticia no Progreso

Alcalde pasota

Sen clasificar Non hai comentarios

Estes días, o Ministerio de Fomento comezou as obras de renovación do firme da N-VI na maior parte do tramos do concello.
(Ver anuncio do Ministerio de Fomento)

Unha actuación ben necesaria, tendo en conta o estado no que se atopaba na propia vila, en Ferreiros ou en Sobrado, reclamada polo BNG, tanto no concello, como no Congreso dos Deputados a través de emendas aos orzamentos do Estado.

Iniciadas as obras, o BNG pediulle ao alcalde que xestinase co Ministerio a reutilización das toneladas de asfalato moído que se retira da estrada, para usalo en camiños e pistas municipais. Era unha maneira de poder mellorar o estado de moitos camiños do concello cun coste reducido.

Pero nada. O alcalde pasa do tema. Non é que nos sorprenda, pero é unha mágoa que o Concello non aproveite para recuperar e usar ese asfalto nas vías municipais.

As propostas do BNG

Sen clasificar Non hai comentarios

No pleno do venres pasado, presentamos unha moción para reclamar melloras na limpeza e coidado do pavillón municipal. No seu día tamén lle plantexaramos o pintado integral da pista, cuestión que despois de tantas demandas fixeron. No da limpeza, incluídos os baños, que todos os usuarios coñecen, o alcalde respondeunos “que estaba limpos”. Sinal de que non os visita moito.

Así mesmo, solicitamos o amaño da Travesía de Lara (a que vai por diante do tanatorio) e dun pequeno tramo que vai desde a Casa de Quiroga até a de Carballo, en Vilar de Francos.

Por outra parte, reclamámoslle ao alcalde que faga as obras precisas no edificio do Centro Socio-cultural para poder poñer en marcha a Galescola. A ver que pasa de aquí a fin de ano.

E o do área fluvial? Preguntamos pola paralización das obras e o alcalde anunciou que se ían reiniciar o luns. Supostamente era este luns día 1, pero como era de esperar, promesa falsa. Despois virá o inverno e xa haberá a quen botarlle a culpa.

O alcalde tamén decidiu aprobar a delimitación dos núcleos de Pacios, Lamas e de Santa Marta. Nós propuxémoslle que se reunise antes coa Delegación e técnicos de Política Territorial, para aclarar a viabilidade da proposta, pero negouse en redondo. Hai que lembrar que toda a tramitación foi penosa (dous anos, con planos incompletos, sen informar aos veciños…). Oxalá sexa para ben.

Ver plano da última proposta de delimitación de Pacios 1

Ver plano da última proposta de delimitación de Lamas

Cambiou o conto

Sen clasificar Non hai comentarios

No pleno do venres evidenciouse a nova situación que se vive despois do cambio de goberno na Xunta e dos resultados das municipais. Por primeira vez, nos seus 20 anos de mandato, o Sr. Capón tivo que facer uso do voto de calidade do alcalde para gañar unha votación.

Na ausencia dun dos concelleiros do PP, os 5 votos de BNG e PSOE igualaban os 5 do PP. E por primeira vez, nese empate, o PP gañou a votación co voto de calidade do que dispón por lei o alcalde-presidente da Corporación.

Cambiou o conto. Xa non son as contas como eran.

Sobre os asuntos do pleno, ando a facer un resumo. Xa vos conto.

« Entradas anteriores