Grazas

Sen clasificar 2 Comentarios

O noso agradecemento a todas as persoas que confiaron e votaron BNG. O BNG pasa de 2 a 3 concelleiros. O PP baixou case 200 votos e quedou a uns 150 votos de perder a maioría absoluta. O BNG segue traballando, con máis ilusión e vontade. A Corporación queda agora con seis concelleiros do PP, tres do BNG e 2 do PSOE. Como vedes 6-5. Á próxima vai!! Grazas!

Resultados 2007

O coche de Capón

Sen clasificar Non hai comentarios

Xa queda menos para o domingo. Despois de percorrer o concello, decatámonos do necesario que é que haxa un cambio de goberno, un cambio de alcaldía. Tanto que até o alcalde alugou un coche para facer a campaña, segundo el “porque tal como están os camiños, escarallaría o seu coche”.

Abandona o Sr. Capón?

Sen clasificar 1 Comentario

Segue medrando o rumor do acordo do actual alcalde, o Sr. Capón, co Sr. Barreiro para ocupar unha vicepresidencia da Deputación, no caso de que a manteñan. Así, despois abandonaría o posto da alcaldía. Abandonaríao oficialmente, porque de feito, xa hai tempo que se dedica a outras cousas. E así pretendería que tiveramos que apandar, se mantén a maioría absoluta, co Sr. Raposeira como alcalde. Era o que nos faltaba!!!!

Accesos a Lexo

Sen clasificar Non hai comentarios

Onte entre outros sitios visitamos os veciños de Lexo. A situación dos accesos a Lexo é a proba evidente da nula xestión deste alcalde. Aquilo é de vergonza. Non se explicaría que este alcalde puidese seguir contando co apoio dos veciños de Lexo vendo como os ten abandonados.

Onda de cambio

Sen clasificar Non hai comentarios

Volveuse notar a necesidade de cambio no mitín do sábado. A xente está ilusionada. Só falta que esa onda medre, para que o domingo o Partido Popular perda a maioría absoluta. Contábanme que ao principio da campaña, o Sr. Capón dicía que non lle facía falta ir pedir votos, que lle sobraban cos da lista. Polo visto, cambiou de opinión.

Mitin en Baralla

Eventos Non hai comentarios

19 Maio 2007
9:30 pm

MITIN DE BARALLA

 


 

aquí está o BNG!

 

para que BARALLA avance

 

Intervirán:

 

NATALIA TROBO FERNÁNDEZ

Candidata

 

BRANCA RODRÍGUEZ PAZOS

Delegada de Vicepresidencia

 

FRANCISCO JORQUERA

Senador e Coordinador da Executiva do BNG

 

XOSÉ MANUEL BECERRA

Candidato á Alcaldía

 

SÁBADO, 19 DE MAIO

 ÁS 9 E MEDIA DA NOITE

CENTRO SOCIOCULTURAL BARALLA

É Posible!

Sen clasificar Non hai comentarios

Xa levamos uns días de campaña. Percíbesen as ganas de cambio, de aposta por unha nova alternativa que crea no futuro do concello. E esa sensación dános ánimo para seguir traballando estes días, para demostralle á xente que é posible. Que é difícil, pero é posible se todos e todas pensamos na importancia do voto de cada un de nós.

MITIN DE BARALLA

 1.jpg

aquí está o BNG!

 

para que BARALLA avance

 

Intervirán:

 

NATALIA TROBO FERNÁNDEZ

Candidata

 

BRANCA RODRÍGUEZ PAZOS

Delegada de Vicepresidencia

 

FRANCISCO JORQUERA

Senador e Coordinador da Executiva do BNG

 

XOSÉ MANUEL BECERRA

Candidato á Alcaldía

 

SÁBADO, 19 DE MAIO

 ÁS 9 E MEDIA DA NOITE

CENTRO SOCIOCULTURAL BARALLA

Isto vai cambiar

Sen clasificar Non hai comentarios

Xa empezamos a campaña. E palpamos ganas de cambio. A xente está farta de discriminacións e desprezos. O BNG xa goberna na Xunta e agora vai gobernar no Concello.

Vídeos

Sen clasificar 1 Comentario

Para esta fin de semana propóñovos que vexades os vídeos que preparou o BNG para a campaña.

Vídeo campaña BNG (versión longa, 8 minutos)

Vídeo  campaña BNG (versión curta 1, 2 minutos)

Vídeo  campaña BNG (versión curta 2, 2 minutos)

Vídeo  campaña BNG (versión curta 3, 2 minutos) 

Vídeo  campaña BNG (versión curta 4, 2 minutos) 

Moi interesante é tamén o vídeo que fixo TeleBNG, facendo entrevistas á XENTE polas rúas de Galiza:

Vídeo TeleBNG (parte 1)

Vídeo TeleBNG (parte 2)

A conta atrás

Sen clasificar 1 Comentario

Hoxe á noite comeza oficialmente a conta atrás. Quince días para o remate de 20 anos. Quince días para comezar un novo período político cun novo alcalde, cun alcalde do BNG. Esa é a ilusión que se percibe, pero que é preciso que se estenda para que unha maioría de veciños, o día 27, aposten por un cambio. Polo confianza na xente nova, pola candidatura do BNG

« Entradas anteriores