10 Maio, 2007
Sen clasificar
1 Comentario
Hoxe á noite comeza oficialmente a conta atrás. Quince días para o remate de 20 anos. Quince días para comezar un novo período político cun novo alcalde, cun alcalde do BNG. Esa é a ilusión que se percibe, pero que é preciso que se estenda para que unha maioría de veciños, o día 27, aposten por un cambio. Polo confianza na xente nova, pola candidatura do BNG
10 Maio, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Cóntanme que o alcalde nos está poñendo de escusa para que non podan construír uns mozos de Pazos unha vivenda. Leva 20 anos no poder e non moveu un dedo para facer o Plan Xeral de Urbanismo e nin sequera modificou as Normas Subsidiarias e agora bótanos a culpa a nós. Moita cada dura!! O BNG tamén traballou nese tema. Preme nesta ligazón e poderás ver do que che falo na prensa.
Ver a noticia na prensa