30 Xullo, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Este venres tivemos pleno. A alcaldía precisaba cambiar as bases de execución do orzamento para poder cobrar as novas axudas de custo (”dietas”) e os 0,30 € por quilómetro. A maiores do salario de 2000 €, claro.
►Ver salario no BOP
Pero a maiores das inicitivas do BNG sobre a limpeza das pistas e do servizo de recollida de lixo, aprobouse unha solicitude subvención á Consellería de Política Territorial para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Aplicando o dito…sen tempo non era. O BNG veu reclamando insistentemente que se puxese en marcha a redacción do Plan
►(Ver prensa La Voz de Galicia)
►Ver nota na Voz
Baralla ten posibilidades urbanísticas que non se poden desenvolver por falta dese Plan, tanto nos núcleos como no casco urbano. Por poñer algún exemplo, temos veciños intersados en construír no rural que non o poden facer. Por exemplo, na zona de Fabeiro non se pode construír.
O traballo do BNG fixo posíbel que se dese o primeiro paso.(►Ver prensa Lavozdegalicia)
►Acceso ás Normas Subsidiarias de Planeamento de Baralla
►Rueiro da vila
12 Xullo, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
O BNG DE BARALLA RECLAMA A LIMPEZA DAS PISTAS DE ACESO AOS NÚCLEOS E DAS RÚAS DA VILA
AS HERBAS ESTÁN INVADINDO AS RÚAS DO CASCO URBANO E OS SILVEIROS AS PISTAS DE ACESOS AOS NÚCLEOS
Os concelleiros do BNG de Baralla, Xosé M. Becerra Pardo, Andrés Caldeiro García e Branca Núñez Cordero, reclaman do alcalde que poña a traballar a brigada de operarios municipais e a máquina desbrozadora do concello para limpar tanto as pistas de aceso aos núcleos como as propias rúas do casco urbano de Baralla.
O BNG, por boca do seu portavoz, X. M Becerra lémbralle ao alcalde que o concello “dispón de medios humanos e materiais para manter limpas e en boa estado as pistas de aceso aos distintos núcleos e as rúas do propio casco urbano de Baralla”. Nestes momentos, pódense ver rúas como é o caso da de Fabeiro ou da propia Evaristo Correa Calderón, por citar só dous exemplos, inzadas de herbas.
E o mesmo ocorre cos acesos aos núcleos de poboación do concello. Para o portavoz do BNG “a práctica totalidade das pistas están xa case invadidas polos silveiros e o tractor-desbrozadora do concello non se ve por ningún lado” .
Para o BNG, esta é unha mostra máis do xeito de actuar so Sr. Capón: moitas promesas en campaña e despois das eleccións, deixadez total.
O grupo municipal do BNG reclámalle “que deixe de pensar exclusivamente en cobrar e que se poña a traballar. O funcionamento dos servizos é moi deficiente e é responsabilidade do alcalde”.
Baralla, 10 de xullo de 2007
Ver noticia na prensa
5 Xullo, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Este venres, día 6, temos Pleno. O alcalde leva a proposta de cobrar 2.000 € NETOS ao mes por unha dedicación parcial e a maiores 1200 € para Raposeira. E en que se notaron eses salarios na mellora do concello? En nada. Seguimos sen polígono indsutrial, con mal funcionamento do servizo de recollida de lixo, con moitas pistas desfeitas… Baralla necesita un alcalde que traballe polo concello e non que o concello traballe para pagarlles eses dous salarios. E a maiores 50 pts por quilómetro en dietas! (►Ver salario no BOP: Boletín Número 175, de 31/07/2007)
E Raposeira seguirá a pasear e a facer un uso privado do coche do concello, xa denunciado polo BNG.
►Ver noticia no PROGRESO
►Ver noticia na VOZ