O BNG reclama a limpeza das pistas e das rúas do casco urbano

Sen clasificar Non hai comentarios

O BNG DE BARALLA RECLAMA A LIMPEZA DAS PISTAS DE ACESO AOS NÚCLEOS E DAS RÚAS DA VILA

AS HERBAS ESTÁN INVADINDO AS RÚAS DO CASCO URBANO E OS SILVEIROS AS PISTAS DE ACESOS AOS NÚCLEOS

Os concelleiros do BNG de Baralla, Xosé M. Becerra Pardo, Andrés Caldeiro García e Branca Núñez Cordero, reclaman do alcalde que poña a traballar a brigada de operarios municipais e a máquina desbrozadora do concello para limpar tanto as pistas de aceso aos núcleos como as propias rúas do casco urbano de Baralla.
O BNG, por boca do seu portavoz, X. M Becerra lémbralle ao alcalde que o concello “dispón de medios humanos e materiais para manter limpas e en boa estado as pistas de aceso aos distintos núcleos e as rúas do propio casco urbano de Baralla”. Nestes momentos, pódense ver rúas como é o caso da de Fabeiro ou da propia Evaristo Correa Calderón, por citar só dous exemplos, inzadas de herbas.
E o mesmo ocorre cos acesos aos núcleos de poboación do concello. Para o portavoz do BNG “a práctica totalidade das pistas están xa case invadidas polos silveiros e o tractor-desbrozadora do concello non se ve por ningún lado” .
Para o BNG, esta é unha mostra máis do xeito de actuar so Sr. Capón: moitas promesas en campaña e despois das eleccións, deixadez total.
O grupo municipal do BNG reclámalle “que deixe de pensar exclusivamente en cobrar e que se poña a traballar. O funcionamento dos servizos é moi deficiente e é responsabilidade do alcalde”.

Baralla, 10 de xullo de 2007

Ver noticia na prensa