24 Setembro, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Este venres, día 28, ás 8 da tarde, temos Pleno da Corporación.
Para nós, é moi importante que a xente veña aos plenos e que vexa en directo os comportamentos de uns e dos outros. Moitos dos veciños e veciñas, nin sequera saben que os plenos son públicos e que pode acudir quen queira.
Esta é a orde do día
1.- Borrador da acta do Pleno de 27 de xullo de 2007
2.- Modificación puntual das Normas Subsidiarias para a delimitación do núcleo rural de Lamas (Pacios)
3.- Modificación puntual das Normas Subsidiarias para a delimitación do núcleo rural de Santa Marta (Vilartelín)
4.- Conta Xeral do Orzamento 2006
5.- Ordenanza reguladora IBI
6.- Solicitude de desfibrilador para o Centro de Saúde
7.- Mocións do PP
8.- Mocións do BNG
9.- Rogos e preguntas
:
17 Setembro, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
15 días antes das eleccións de maio, o alcalde colocaba un cartel nos terreos adquiridos polo Concello para desenvolver a área fluvial. Aquela promesa tantas veces prometida como incumprida, despois de 20 anos na alcaldía, situábase agora no horizonte dun prazo de 4 meses. Pero ningunha sorpresa. Pasados xa case eses catro meses, as obras están totalmente paradas e non imos, precisamente cara á mellor época para traballar á beira dun río. No seu día, o BNG xa presentou alegacións para mellorar o proxecto (►Ver alegacións BNG) colocar bancos e mesas, eliminar formigón, etc.), pero no groso seguiu igual. Como case todo o deste alcalde…tarde, mal e arrastro.
►VER PLANO ÁREA FLUVIAL

►Ver noticia no Progreso
14 Setembro, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Máis de dous anos despois da sinatura do correspondente convenio, o concello aínda non fixo ningunha das obras precisas para que Vicepresidencia poda poñela en marcha. Baralla perde, como concello rural, poboación. E aínda que esta actuación por si soa, non vai solucionar o problema, pode contribuír a romper co círculo maldito da desestruturación territorial de Galiza, que implica que, ao non haber servizos marche a xente, e que logo por non haber xente non hai servizos. E máis unha vez topamos coa desidia e o desinterese do alcalde por mellorar os servizos dos veciños e veciñas de Baralla. Esixímoslle que pense no futuro e que traballe. Pensando no presente de pais e nais e no futuro, no dos nosos nesos e nenas, galescola en Baralla, si.
Ver noticia no Progreso
Vicepresidencia confirma a galescola de Baralla
Ver noticia na Voz
Ver nota na Voz
12 Setembro, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Anda este blog nas Letras Vaqueiras, cousa que lle agradezo a Vaqueiro. Que tamén se acorde dos blog dos do rural. Eu son dos que visito habitualmente o que el ten en enlace na páxina do Progreso, porque manexa moita información.
Este imos ter que mantelo máis vivo. Desde que te sitúas na rede…convén que as novas non caduquen. Xa se sabe que neste mundo, estás “operativo” as 24 horas.
http://vaqueiro.elprogreso.info/
(ACTUALIZACIÓN)
3 Setembro, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
Houbo que pararlles os pés e aclararlles quen decidía nas obras que financia Medio Rural. O tenente alcalde, co coñecemento do Alcalde, intentou que non se fixesen diversas obras de mellora, á parte das incluídas no proxecto aprobado e financaido pola Consellería de Medio Rural. Estaban afeitos a mangonealas e ese tempo xa pasou.
Ver noticia no Progreso
Ver noticia na Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2007/08/10/0003_6049430.htm