Este venres ás 8 da tarde…pleno do Concello
Setembro 24, 2007 10:17 am Sen clasificarEste venres, día 28, ás 8 da tarde, temos Pleno da Corporación.
Para nós, é moi importante que a xente veña aos plenos e que vexa en directo os comportamentos de uns e dos outros. Moitos dos veciños e veciñas, nin sequera saben que os plenos son públicos e que pode acudir quen queira.
Esta é a orde do día
1.- Borrador da acta do Pleno de 27 de xullo de 2007
2.- Modificación puntual das Normas Subsidiarias para a delimitación do núcleo rural de Lamas (Pacios)
3.- Modificación puntual das Normas Subsidiarias para a delimitación do núcleo rural de Santa Marta (Vilartelín)
4.- Conta Xeral do Orzamento 2006
5.- Ordenanza reguladora IBI
6.- Solicitude de desfibrilador para o Centro de Saúde
7.- Mocións do PP
8.- Mocións do BNG
9.- Rogos e preguntas
:



