Proposta de obras para Medio Rural

Sen clasificar Non hai comentarios

Acabamos de rexistrar no concello unha solicitude para que se convoque un pleno extraordinario para aprobar as obras a incluír dentro do plan de infraestruturas rurais que financia a Consellería de Medio Rural. X. Manuel Becerra subliñou que “para o 2008, a Consellería preve un investimento en Baralla de 100.000 € e é preciso que o Concello achegue unha proposta concreta de actuacións”. O BNG pretende que se amañen as pistas:

Matela-Riosubil ,

Lamas- Mazaille

Lamas-Espiña

Ponte de Covas- Igrexa

Camiño da Igrexa en Vilachambre

Pista vella de Quintela e a pista que vai de Cernadas até o límite co concello de Castroverde.

Algunha delas, como é caso da de Matela-Riosubil e a da Ponte de Covas, xa asumira o seu amaño o Concello no Pleno celebrado a primeiros deste ano 2007, pero a día de hoxe non se lles tocou. Para o voceiro nacionalista, Xosé Manuel Becerra, “todas estes accesos supoñen unha mellora importante para os veciños e veciñas dos núcleos afectados e tamén para as infraestruturas agrarias da zona”. Fai fincapé o BNG, en que este é un bo exemplo das actuacións que compromete a Consellería que dirixe Suárez Canal cos concellos como Baralla.De todos os xeitos, lembra o voceiro nacionalista “as pistas son competencia do concello e xa lle reclamamos ao alcalde un plan de conservación para atendelas periodicamente”. O BNG pídelle ademais ao alcalde, que xestione a utilización do firme reciclado da N-VI ( que se está repoñendo) para mellorar outros varios camiños do concello, como é o caso do que vai da Casa de Perón á Taberna de Val ou o que une Biduedo e Castrolanzán, en Neira de Rei.

Ver noticia no Progreso

Alcalde pasota

Sen clasificar Non hai comentarios

Estes días, o Ministerio de Fomento comezou as obras de renovación do firme da N-VI na maior parte do tramos do concello.
(Ver anuncio do Ministerio de Fomento)

Unha actuación ben necesaria, tendo en conta o estado no que se atopaba na propia vila, en Ferreiros ou en Sobrado, reclamada polo BNG, tanto no concello, como no Congreso dos Deputados a través de emendas aos orzamentos do Estado.

Iniciadas as obras, o BNG pediulle ao alcalde que xestinase co Ministerio a reutilización das toneladas de asfalato moído que se retira da estrada, para usalo en camiños e pistas municipais. Era unha maneira de poder mellorar o estado de moitos camiños do concello cun coste reducido.

Pero nada. O alcalde pasa do tema. Non é que nos sorprenda, pero é unha mágoa que o Concello non aproveite para recuperar e usar ese asfalto nas vías municipais.

As propostas do BNG

Sen clasificar Non hai comentarios

No pleno do venres pasado, presentamos unha moción para reclamar melloras na limpeza e coidado do pavillón municipal. No seu día tamén lle plantexaramos o pintado integral da pista, cuestión que despois de tantas demandas fixeron. No da limpeza, incluídos os baños, que todos os usuarios coñecen, o alcalde respondeunos “que estaba limpos”. Sinal de que non os visita moito.

Así mesmo, solicitamos o amaño da Travesía de Lara (a que vai por diante do tanatorio) e dun pequeno tramo que vai desde a Casa de Quiroga até a de Carballo, en Vilar de Francos.

Por outra parte, reclamámoslle ao alcalde que faga as obras precisas no edificio do Centro Socio-cultural para poder poñer en marcha a Galescola. A ver que pasa de aquí a fin de ano.

E o do área fluvial? Preguntamos pola paralización das obras e o alcalde anunciou que se ían reiniciar o luns. Supostamente era este luns día 1, pero como era de esperar, promesa falsa. Despois virá o inverno e xa haberá a quen botarlle a culpa.

O alcalde tamén decidiu aprobar a delimitación dos núcleos de Pacios, Lamas e de Santa Marta. Nós propuxémoslle que se reunise antes coa Delegación e técnicos de Política Territorial, para aclarar a viabilidade da proposta, pero negouse en redondo. Hai que lembrar que toda a tramitación foi penosa (dous anos, con planos incompletos, sen informar aos veciños…). Oxalá sexa para ben.

Ver plano da última proposta de delimitación de Pacios 1

Ver plano da última proposta de delimitación de Lamas

Cambiou o conto

Sen clasificar Non hai comentarios

No pleno do venres evidenciouse a nova situación que se vive despois do cambio de goberno na Xunta e dos resultados das municipais. Por primeira vez, nos seus 20 anos de mandato, o Sr. Capón tivo que facer uso do voto de calidade do alcalde para gañar unha votación.

Na ausencia dun dos concelleiros do PP, os 5 votos de BNG e PSOE igualaban os 5 do PP. E por primeira vez, nese empate, o PP gañou a votación co voto de calidade do que dispón por lei o alcalde-presidente da Corporación.

Cambiou o conto. Xa non son as contas como eran.

Sobre os asuntos do pleno, ando a facer un resumo. Xa vos conto.