As propostas do BNG

9:04 am Sen clasificar

No pleno do venres pasado, presentamos unha moción para reclamar melloras na limpeza e coidado do pavillón municipal. No seu día tamén lle plantexaramos o pintado integral da pista, cuestión que despois de tantas demandas fixeron. No da limpeza, incluídos os baños, que todos os usuarios coñecen, o alcalde respondeunos “que estaba limpos”. Sinal de que non os visita moito.

Así mesmo, solicitamos o amaño da Travesía de Lara (a que vai por diante do tanatorio) e dun pequeno tramo que vai desde a Casa de Quiroga até a de Carballo, en Vilar de Francos.

Por outra parte, reclamámoslle ao alcalde que faga as obras precisas no edificio do Centro Socio-cultural para poder poñer en marcha a Galescola. A ver que pasa de aquí a fin de ano.

E o do área fluvial? Preguntamos pola paralización das obras e o alcalde anunciou que se ían reiniciar o luns. Supostamente era este luns día 1, pero como era de esperar, promesa falsa. Despois virá o inverno e xa haberá a quen botarlle a culpa.

O alcalde tamén decidiu aprobar a delimitación dos núcleos de Pacios, Lamas e de Santa Marta. Nós propuxémoslle que se reunise antes coa Delegación e técnicos de Política Territorial, para aclarar a viabilidade da proposta, pero negouse en redondo. Hai que lembrar que toda a tramitación foi penosa (dous anos, con planos incompletos, sen informar aos veciños…). Oxalá sexa para ben.

Ver plano da última proposta de delimitación de Pacios 1

Ver plano da última proposta de delimitación de Lamas



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.