29 Novembro, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
DESPOIS DE 20 ANOS COMO ALCALDE AÍNDA SON MOITOS OS VECIÑOS DO CONCELLO QUE NON CONTAN CON ESTE SERVIZO
O BNG de Baralla presentou unha iniciativa no Concello, que se vai debater no vindeiro pleno, este venres ás 8 da tarde, na que vai reclamar a execución das obras dos alumeados públicos de MATELA, VILARES, TEIXEIRA, QUINTELA, VILACHAMBRE E O REGUENGO. O seu voceiro, Xosé Manuel Becerra lembra que “o proxecto destes alumeados aprobouse en marzo deste ano pola Xunta de Goberno do PP e a día de hoxe, 8 meses despois, o alcalde non moveu un dedo para instalalos”.
Os nacionalistas fan fincapé en que “son aínda moitos os veciños e veciñas que non contan con este servizo, pola desidia e moitas veces polas discriminacións das que é responsábel o alcalde”.O BNG vaise interesar pola previsión do alcalde sobre os alumeados dos varios núcleos aínda pendentes, e lembra que xa presentou diversas iniciativas para completar os alumeados en todos os núcleos do concello.
►Ver noticia El Progreso
14 Novembro, 2007
Eventos
Non hai comentarios
Pleno ordinario do mes de novembro. Animávosvos a asistir. Todos os plenos son públicos.
UN PLENO QUE XIRA SOBRE INICIATIVAS DO BNG
O pleno deste venres, agás un punto de información sobre o consello escolar, vai xirar ao redor das iniciativas do BNG. O voceiro nacionalista salienta “que o BNG sabe que o concello ten moitas carencias e fai propostas serias para solucionalas”.
Así, presentou unha moción para a posta en marcha da galescola de Baralla e tamén se vai interesar polo pechamento do vertedoiro de lixo e a construción dun punto limpo. Ademais, vai solicitar a colocación dun espello na Valiña – na intersección da N-VI coa pista de Pacios-, e o amaño dos accesos á vivenda de Ribadeneira en Quinta. O BNG lembra que estes accesos permanecen completamente abandonados polo concello e que xa nunha ocasión unha ambulancia tivo que ser remolcada por un tractor, dado o seu estado.
X. M. Becerra salienta que “hai unha total falta de iniciativa e o alcalde non move un dedo para buscar investimentos e melloras para o concello”.
9 Novembro, 2007
Sen clasificar
Non hai comentarios
O grupo municipal do BNG vai presentar unha moción na que solicita do alcalde a creación dun fondo de emerxencia para casos de violencia de xénero, contemplando no orzamento municipal do Concello de Baralla.
Para o voceiro nacionalista. X. M. Becerra “precísase que o Concello estableza unha partida específica para tal fin, que sirva para atender os casos de mulleres en situación de violencia de xénero do concello que de maneira urxente necesiten axuda”.
Para o BNG, a propia Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero é un instrumento para unha nova abordaxe da violencia de xénero no ámbito galego, pero lembra que o papel que teñen os concellos nesta loita común é fundamental, xa que poden actuar como ponte de conexión entre as políticas deseñadas a nivel nacional polo goberno galego e os veciños.
X. M Becerra, Andrés Caldeiro e Branca Núñez Cordero, lembran que as cifras de denuncias e de mulleres asasinadas que se repiten ano tras ano, poñen de manifesto que non podemos baixar a garda. O voceiro nacionalista fai fincapé na necesidade de que desde o concello se adopten medidas, porque “a realidade demostra que o problema pode xurdir en calquera momento e en calquera sitio”.
O BNG de Baralla lémbralle ao alcalde que o concello destina unha mínima partida de fondos propios do orzamento do concello a servizos sociais e que desa cantidade non hai nin un só euro dedicado a contar cun fondo de emerxencia para casos de violencia de xénero.
►Ver noticia na Voz
►Ver noticia no Progreso