Os nosos nomes, na nosa lingua

Cultura e deporte Non hai comentarios

Aínda non hai moitos anos, nas cartas que se recibían ou que se mandaban, no enderezo aparecía o nome da miña casa: a casa do Zapateiro. E nada fixo que despois dun cento de anos, pasase a chamarse do “zapatero”. Esa nomenclatura das casas, desgrazadamente, perdeuse para Correos e pasamos a ser un número máis, pero segue totalmente viva na vida das parroquias do rural galego. E segue viva porque é un máis dos sinais propios da nosa identidade. A que tamén nos dan os nosos nomes e apelidos. Nomes e apelidos galegos, na nosa lingua. Por iso temos que comprometernos en mantelos e recuperalos. E ese compromiso empeza por cada un de nós.

Ligazóns

http://www.amesanl.org/especiais.html // http://www.chamateconxeito.com/

Leer o resto …

A sinalización da N-VI

Acesos e pistas, Grupo Municipal Non hai comentarios

Coa chegada da auga e do inverno, faise necesaria a axilización dos traballos de reposición da sinalización viaria na N-VI, nos tramos nos que se realizaron traballos de conservación, para mellorar a seguridade deste tramo. E é preciso que se habiliten accesos seguros aos núcleos que atravesa a N-VI, como é caso de Constantín, Ferreiros, A Calvela, A Mocha, A Valiña, Ansareo, Pacios ou Sobrado de Picato, para permitir que os usuarios destas aldeas poidan contar con incorporacións seguras ao vial. Os de Constantín hai anos que veñen reclamando unha solución sen que o alcalde lles fixese caso ningún. Nin sequera o bus escolar pode acceder a recoller os alumnos e que tivo que ser o BNG quen denunciara no Concello esta situación. E foron os propios veciños os que a denunciaron publicamente, para destapar o que se pode cualificar de “pasotismo do alcalde”.

O BNG pide que se repoña a sinalización da N-VI


Recibos para quen non ten saneamento

Sen clasificar Non hai comentarios

Estes días estanlles chegando ás casas de diversos veciños os recibos da taxa de saneamento, un servizo co que non contan. Entendo que a causa debeu ser un erro na base de datos e espero que se solucione de inmediato. Non estaría de máis que eses mesmos veciños recibisen unha carta para explicarelles o erro a aclararlles que se lles vai devolver o diñeiro mal cobrado.

A estrada Baralla-O Cádavo

Acesos e pistas, Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

  • Clica para ver partidas nos orzamentos

Nos orzamentos da Xunta para o ano 2009, xa aparece a primeira partida para a mellora da estrada Baralla-O Cádavo, neste caso para o proxecto e as expropiacións necesarias. Imos estar tamén atentos para informar os veciños e para que o proxecto respecte o máis posíble o valor ambiental e turístico da zona. Nese sentido, no seu día, xa levamos a pleno unha iniciativa para solicitarlle a Política Territorial incluíse a construción dun paseo fluvial-peonil na marxe esquerda dirección Baleira, entre Baralla e Neira de Rei. A zona méreceo.

O queixo do Cebreiro tamén é de Baralla

Grupo Municipal Non hai comentarios

Moitos veciños e veciñas de Baralla, probablemente, nin sequera o saberán, pero o noso concello tamén pertence á Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro. É máis, o presidente do Consello Regulador é un veciño noso: Enrique de Cernadas (”o marqués”). Mágoa que polo pouco apoio institucional non contemos con produtores deste tipo de queixo. Nesta carreira, o alcalde tamén patinou. E o peor é que ao patinar, impide o paso. Mágoa, porque somos un dos maiores produtores de leite dos concellos que pertencen ao Consello. Mágoa porque sería unha alternativa económica, laboral e social máis para Baralla. E agora acaba de recibir a notificación oficial da Unión Europea de rexistrar o queixo “O Cebreiro” baixo o distintivo de Denominación de Orixe Protexida (DOP) da Unión Europea, polo que a partir de agora poderá comercializarse con este elemento de distinción comunitario. Vaian os meus parabéns para o seu presidente. Oxala dentro de poucos meses volvamos falar do tema e por novas tamén positivas.

    Queixo do Cebreiro:Denominación de Orixe Protexida

    Xantar na casa: Vicepresidencia aposta por Baralla

    Grupo Municipal Non hai comentarios

    Por distintas razóns, había días que non andaba polo blog. E que mellor que volver con boas noticias: a posta en marcha en Baralla, por parte da Vicepresidencia, que dirixe o compañeiro Quintana, do servizo de Xantar na Casa. Representa moito nun concello que conta con case un 35 % da súa poboación por riba dos 65 anos e cun extenso territorio. O programa achega menús saudables aos domicilios das persoas maiores, dos dependentes ou das persoas en risco de exclusión social, e vai mellorar a situación de moitos veciños e veciñas do concello. Esta nova iniciativa de Vicepresidencia vai permitir a permanencia dos nosos veciños na súa vivenda e no seu contorno”, ao tempo que promove a súa autonomía persoal. Baralla convértese así nun dos 17 concellos de Lugo, que nesta primeira fase, van contar con este servizo de comida a domicilio, unha aposta máis de Vicepresidencia polo rural de Lugo, e en concreto polo concello de Baralla.

    O espello da Valiña

    Grupo Municipal Non hai comentarios

    A vontade para solucionar problemas e a xestión tamén se demostran nas pequenas cousas. Hai agora xa un ano, pedísmolle ao alcalde que colocase un espello no enlace da pista de Pacios coa N-VI á altura da Valiña. A verdade é que a incorporación non ten moita visibilidade e o espello axudaría. Pois un ano despois, cando lle volvín preguntar polo tema, non sabían se Fomento xa dera permiso e case nin sequera se xa llo pediran. Sobran máis comentarios

    O final dun vertedoiro

    Grupo Municipal Non hai comentarios

    Onte, o Consello da Xunta, autorizaba un investimento de máis de 240.000 € para o selamento do vertedoiro incontrolado de lixo de Baralla.
    O BNG levaba anos reclamando esta actuación e son este alcalde e ao Partido Popular os responsábeis de que tardase tanto:o PP non o pechou cando gobernaba a Xunta e o alcalde non moveu un dedo para logralo.
    Durante anos denunciamos (
    Ver hemeroteca), repetidas veces a perigosidade do vertedoiro, por estar situado nas marxes do río Neira e sen ningunha medida de protección. Era un foco de infeccións e de incendios e todos sabemos que cada poucos días non ardía por casualidade.

    A máis de dous “pedáneos” por parroquia

    Acesos e pistas, Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

    Contaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar o pago, pero cos cartos de todos. Como sospeitaba o gasto supera os 3000 euros.Tamén me dixo que foran 153 persoas, despois de sumar empregados do Concello, parte da Corporación (nós non asistimos), Garda Civil, Xuíz de Paz e pedáneos (cos seus respectivos acompañantes). Pero claro non saen as contas. Porque gardas civís sabemos todos cantos hai e parroquias temos 30. Polo visto, ten máis de dous “pedáneos” por parroquia.