31 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O Conselleiro de Medio Rural, o nacionalista, Alfredo Suárez Canal, na compaña do Delegado da Consellería, Emilio López Pérez, e dos membros do grupo municipal do BNG, visitou a explotación gandeira de Xesteiro, en Mazaílle, (Pacios) . A fronte da granxa están Carlos e Rocío, unha parella nova que apostou con moita ilusión e ganas por manter a explotación. Tamén asistiron o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao e a concelleira de Lugo e cabeza de lista ao Congreso, Paz Abraira.

O Conselleiro de Medio Rural, Carlos Rodríguez e Paz Abraira
Ver noticia na Voz de Galicia
Ver vídeo da visita de Alfredo Suárez Canal á explotación de Carlos e Rocío e Mazaille
Ver vídeo de Carlos e da explotación
Leer o resto …
24 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
1 Comentario
O BNG DE BARALLA ACUSA AO ALCALDE DE ESTANCAR O FUTURO DO CONCELLO CUNS ORZAMENTOS REDUCEN O INVESTIMENTO EN OBRAS UN 7 %
A redución nos dous últimos anos sobe do 16 %
Non se inclúe nin un euro para a galescola, nin para un centro de día, nin para obras de traídas de auga e de alumeados públicos
O BNG de Baralla, por boca do seu portavoz, X. M. Becerra, acusou ao alcalde de “dinamitar o futuro do concello, cuns orzamentos nos que se reduce o investimento en obras nun 7 %”. O voceiro nacionalista lembra que xa no do 2007 se reduciu esta partida en máis dun 9 %. É dicir, en dous anos, a baixada da partida dedicada a investimentos reais foi de máis do 16 %. Pero o máis grave, apunta Becerra é que nun orzamento de 1.800.000 € “non hai nin un euro para poñer en marcha a gardería, nin para un centro de día, nin para obras de traídas de auga, nin para completar os alumeados públicos pendentes, nin un plan de conservación de pistas”. O voceiro nacionalista insiste en que “o Sr. Capón vai dispoñer de 300 millóns das antigas pesetas, pero non os vai utilizar para mellorar os servizos que necesitan os veciños”. As obras que se propoñen son as mesmas do anos pasado e redúcense basicamente ao club fluvial, – a eterna promesa do Sr. Capón, que despois de 20 anos aínda no se cumpriu e que xa se incluía no orzamento do 2003-.

Leer o resto …
23 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Este venres, ás 8 da tarde, vaise celebrar o Pleno ordinario do Concello. Os plenos son públicos e abertos a calquera veciño ou veciña. Convidámosvos a asitir.
18 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios

O BNG DE BARALLA SOLICITA NUNHA MOCIÓN QUE O PLENO RECLAME O MANTEMENTO DO SERVIZO UNIVERSAL DE CORREOS
Rexeitan unha medida que non ten en conta a realidade galega
O voceiro nacionalista, Xosé Manuel Becerra, explica que “o cambio normativo vai ter graves repercusións en concellos como o de Baralla que ten unha elevada dispersión poboacional” e que se veu producindo unha continuada supresión de postos de traballo. Esa supresión “implicou unha sobrecarga para os traballadores, sobrecarga que coñecen ben os carteiros de Baralla aos que se lles ampliaron as zonas de reparto”.
Becerra fai fincapé en que mentres que coa anterior normativa se establecía a obriga de entregar correspondencia cinco días laborábeis á semana, o novo decreto crea os chamados “contornos especiais”, nos que se elimina a entrega domiciliaria. Leer o resto …
11 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O BNG DE BARALLA ACUSA A UN EDIL DO PP DE USAR PARTICULARMENTE UN COCHE MUNICIPAL
A formación nacionalista pídelle ao alcalde que tome medidas, «por respecto aos veciños»
Vai presentar unha moción de apoio ás reivindicacións dos veciños de Constantín
Os nacionalistas acusan ao primeiro tenente de alcalde do Concello de Baralla, pertencente ao Partido Popular, de usar un vehículo municipal con fins particulares. O voceiro nacionalista, X. M. Becerra pídelle ao rexedor que, «por respecto aos veciños», tome as medidas oportunas para que isto non suceda «e corte de raíz este abuso do que é cómplice necesario».
O vehículo é un pequena furgoneta que conta cunha pequena cisterna, comprado non fai moito con fondos municipais e unha subvención da Consellería de Presidencia, e segundo Becerra, “converteuse no medio de locomoción habitual do edil popular”. Os nacionalistas aseguran que «é do máis habitual velo, por exemplo, polas noites, tanto pola semana como en festivos e domingos, en visitas particulares». Refírense a que o coche permanece aparcado durante horas diante de vivendas particulares.
►Ver nota no Progreso
►Ver noticia veciños de Constantín no Progreso Leer o resto …
10 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Paz Abraira é Cabeza de lista ao Congreso
O sábado 26 de xaneiro, o BNG celebra a súa convención Nacional de cara ás Eleccións Xerais de marzo. Gustaríanos contar contigo, para que Galiza teña máis forza en Madrid.

Máis forza en Madrid !
7 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
►Clica aquí para descargar o MODELO de SOLICITUDE para participar no proceso de oposición para cubrir unha praza de alguacil-porteiro do Concello de Baralla. Lembra que tamén podes descargar as bases e parte dos temas neste mesmo blog. (Nota do día 19 de decembro)
7 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O BNG vai presentar no vindeiro pleno de finais de mes diversas preguntas sobre a situación que están a padecer diversos núcleos do concello como consecuencia do período de seca que estamos a vivir, pero tamén pola falta de previsión de e de actuacións por parte do concello.
O portavoz municipal, X. M. Becerra lembra que “ademais da propia vila, son varios os núcleos que teñen serias deficiencias na subministración de auga potábel e que despois de 20 anos de goberno do Sr. Capón seguen cos mesmos problemas”, que se agravan en períodos de seca como o que vivimos. Leer o resto …
3 Xaneiro, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O BNG de Baralla, por boca do seu portavoz municipal, Xosé Manuel Becerra, acusou ao alcalde de “desperdiciar un semestre máis sen poñer en marcha novos investimentos no concello”. Para o voceiro nacionalista, o alcalde “ten o concello completamente parado, e durante os seis meses que leva no cargo nada se moveu”.
Para o BNG, practicamente ningún dos problemas que arrastra o concello do anterior mandato do PP, se empezaron a solucionar neste. O voceiro nacionalista cita o desinterese do alcalde por poñer en marcha a gardería infantil, dous anos despois de asinar o seu convenio, os problemas de abastecemento de auga en diversos núcleos, o estancamento da creación do solo industrial ou os problemas de urbanismo que impiden a construción de vivendas tanto no casco urbano, como no rural. Por non citar a falta de alumeados públicos e a súa ineficacia para pechar dunha vez o vertedoiro municipal de lixo e mellorar o servizo de recollida.
Para o voceiro nacionalista “os veciños de Baralla seguen sen contar con moitos deses servizos pola falta de vontade do alcalde”. Nin sequera se remataron as obras da “eterna promesa” do club fluvial. O BNG lembra que as poucas actuacións que se executaron foron financiadas por Medio Rural, no caso das pistas e accesos a núcleos, e polo Ministerio de Fomento, de rexeneración do firme, grazas en boa medida ao traballo dos deputados do BNG no Congreso en Madrid.
O BNG reclama do alcalde que asuma a súa responsabilidade e que se poña a traballar polo concello, sen buscar máis escusas. Para X. M. Becerra “Baralla está perdendo o tren dos outros concellos pola desidia do Sr. Capón”.
►Ver noticia no Progreso