O 9 de marzo, vota en galego

Sen clasificar Non hai comentarios

portapapeles01.bmp

O vindeiro 9 de marzo, temos que escoller aos representantes da provincia de Lugo no Congreso e no Senado. E temos que elixilos pensando en Baralla, pensando nesta provincia e no noso País.

Co BNG, Galiza terá a forza suficiente en Madrid para condicionar as políticas estatais, para que non decidan por nós, para que ninguén esqueza que vivimos nun país, Galiza, e nunha provincia, Lugo, que quere producir e vivir do seu traballo.  

O 9 de marzo, votemos como galegos. O 9 de marzo,decides: vota BNG.

Boletín BNG

Sen clasificar Non hai comentarios

 

 

 

 

 

 

 

Xa publicamos O BOLETÍN Nº 22 .

Clica AQUÍ.pdf para velo.

AVISO

Sen clasificar Non hai comentarios

attachment2.bmp

 

 

 

 

 

ABERTO O PRAZO DE INSTANCIASPARA A PRAZA DE ALGUACIL-PORTEIRO

 

Este sábado, día 9, publicouse no Boletín Oficial do Estado o anuncio relativo á praza de alguacil-porteiro do Concello de Baralla. O prazo de presentación de instancias é de 20 DÍAS NATURAIS contados a partir da publicación do anuncio no BOE.

Clica aquí para ver anuncio BOE

 

 

Modelo de instancia.pdf

Clica aquí para ver as BASES CONVOCATORIA PRAZA DE ALGUACIL

 

Se precisas ver as bases e parte do temario, consulta nesta páxina a anotación do día 19 de decembro.

Contigo, Galiza decide

Sen clasificar Non hai comentarios

attachment2.bmp

Paz Abraira, cabeza de lista ao Congreso dos Deputados: paz.bmp

 

O BNG defenderá en Madrid que os galegos paguemos menos pola luz

(Ver vídeo TVG)

 

O BNG defenderá en Madrid que os galegos paguemos menos polo noso recibo da luz, tendo en conta o noso nivel de produción eléctrica. Así o defendeu a cabeza de lista ao Congreso, Paz Abraira, nun acto no que tamén participou o Conselleiro de Industria Fernando Blanco e o candidato ao Senado, Xesús Méndez.

Abraira e Blanco espuxeron o rexeitamento do BNG á supresión da tarifa eléctrica nocturna que vén de aprobar o goberno de Zapatero. Leer o resto …