27 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Como cada mes impar, o último venres, temos Pleno do Concello. No de mañá, levamos unha chea de iniciativas.
Accesos abandonados
O BNG de Baralla vai reclamar no Pleno que celebra mañá a Corporación Municipal, o amaño dos accesos ao núcleo de Penouta e unha actuación urxente nalgunha zona dos accesos a Lebruxo, que se atopan nunha situación lamentábel. Parece que hai algúns accesos que están nunha lista negra, e que os seus veciños non pagan impostos. É o caso dos de Penouta e Lebruxo, pero lembra tamén outros polos que o BNG xa presentou iniciativas e que o alcalde ten abandonados, como é o caso dos accesos á casa Ribadeneira en Quinta, por citar só un caso. Os nacionalistas fan fincapé en que son obras de pouca envergadura, que non se executan pola falta de vontade, nula xestión e pasotismo do alcalde.

Este é o estado dos accesos a Penouta
Orde do día do Pleno
Outras iniciativas
Ver nota La Voz de Galicia
O BNG tamén vai presentar unha serie de iniciativas… Leer o resto …
26 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O Noitebús é unha iniciativa máis das que o Sr. Capón pasa. E son moitos os mozos e mozas de Baralla que cada fin de semana se desprazan a Sarria ou a Muimenta, ou a Lugo. As axudas previstas na Orde da Consellería para a posta en funcionamento deste servizo de autobueses poden chegar até un máximo do 90 % do importe total do servizo planificado. E o obxectivo é reducir a siniestralidade nas estradas, entre a xente nova, durante os desprazamentos nocturnos en períodos de fin de semana e festivos. Non vai a ser a panacea, pero pode axudar.
Preme AQUÍ se queres consultar as liñas que había na provincia de Lugo.
24 Marzo, 2008
Sen clasificar
1 Comentario
O BNG acusa ao alcalde de “non facer nada”, de non xestionar para que Baralla poida contar a medio prazo cun Centro de Día para a atención de persoas maiores. Un servizo que ademais lles permitiría aos seus familiares compatibilizar o seu coidado coa súa actividade laboral diaria. Baralla conta con case un 35 % de maiores de 65 anos. Con mil persoas por riba desa idade, afirmou, precisamos que Baralla conte con este servizo e o que hai que facer é poñer a disposición de Vicepresidencia os terreos necesarios.
Contamos cun edifico, como é a antiga casa do médico que ben podería ser o espazo no que Vicepresidencia puidese poñer en marcha o Centro de Día de Baralla, pero a falta de xestión do alcalde, impídenos contar con el.

A antiga casa do médico podía ser unha alternativa para o Centro de Día de Baralla
17 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Este sábado día 15 publicouse no Boletín Oficial da Provincia a listaxe de admitidos/as na convocatoria da praza de alguacil-porteiro.
Clica aquí LISTAXE se a queres consultar.
14 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
A televisión dixital terrestre
No pleno de finais deste mes imos levar unha moción para reclamar a instalación no concello dos equipos necesarios que permitan unha axeitada cobertura da televisión dixital terrestre. Nestes momentos, en Baralla, debería estar por riba do 80 %. E para o 31 de decembro de 2008, esa cobertura debería chegar ao 90 % da poboación. O BNG reclámalle ao alcalde, que en colaboración coa Comunidades Autónoma, instale, estacións en rede de frecuencia única para a difusión do servizo da televisión dixital terrestre.
Preme aquí TDT para consultar se na túa zona esta o servizo TDT disponible
E en Laxes ou zonas de Neira de Rei e Aranza nin se ven as outras cadeas
E ademais aínda son varias as zonas do Concello, como é o caso Laxes, Teixeira ou algunhas de Neira de Rei e de Aranza e Pol, que non reciben o sinal analóxico de diversas cadeas. En repetidas ocasións reclamamos a instalación de microreemisores”, pero a día de hoxe, “o alcalde tampouco neste tema se molestou en facer nada”.
11 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O voceiro nacionalista, X. M. Becerra lembra que “iniciou as obras tres días antes das eleccións municipais, e desde aquela, case 10 meses despois, non se lle ven trazas de que vaian rematar”. Na visita que realizaron ás obras, puidemos comprobar “que esta todo paralizado desde hai semanas”.
Para o voceiro nacionalista. X. M. Becerra, “as obras parecen ir ao mesmo ritmo que a promesa do Sr. Capón”. Porque “os veciños saben que leva 20 anos prometéndoa”, afirmou. Para o BNG, esta desidia do PP, é un bo exemplo da súa maneira de actuar, e “boa proba da falta de interese do alcalde e do Partido Popular pola mellora dos servizos que precisamos.

Leer o resto …
10 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Con relación ás Xerais 2004:
O BNG sobe case un 3 % de porcentaxe de voto
O PP baixa e perde unha décima
O PSOE perde un 3,74 %

Clica AQUÍ para ver os resultados de Baralla
Ver resultados Lugo provincia
Ver resultados Galiza
6 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Onte á noite, a TVG emitiu o debate dos cabezas de lista ao Congreso por Lugo, no que participou Paz Abraira. Para velo clica Debate TVG


4 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Nestes días, moitas persoas achéganse a nós, na busca de información sobre o temario da praza de alguacil do concello. Xa sabes que nesta páxina temos colgada parte da lexislación, pero dadas as características da praza, non entrarían esas leis ao completo.Aínda que non hai un temario base concreto, de momento, o que si podemos achegarvos e algúns dos temas. Se o precisas, déixanos un email e farémoschos chegar, ou se o prefires, ponte en contacto con nós (669948382).
3 Marzo, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios

O BNG de Baralla acusou ao alcalde e ao seu grupo de goberno do PP de ter completamente abandonado o pavillón polideportivo. O voceiro nacionalista, Xosé Manuel Becerra, afirmou “nestes momentos, o alcalde teno completamente abandonado, cheo de sucidade e con importantes goteiras”. Becerra afirmou, que esta semana, os días que choveu, a auga xa se acumulaba na pista como consecuencia das goteiras existentes.
O BNG xa lle reclamou ao alcalde no anterior pleno que solucionase eses problemas, pero afirma Becerra “os proble mas dos veciños entralles por un oído e sáelles por outro”.

Estado no que se atopa algún dos baños do pavillón
Situación moi grave
Leer o resto …