29 Abril, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O alcalde vén de aprobar a oferta de emprego público do Concello para o ano 2008. O primeiro paso para prepararlle o camiño ao actual axente de desenvolvemento local, membro da executiva local do PP de Baralla. Parécevos que esa a praza que máis necesita o Concello? Entrou nela hai xa máis de catro anos, a dedo, e curiosamente tan só dous meses despois de acabar os seus estudos, que, por certo, nin sequera están relacionados coas funcións básicas do posto de traballo e aí está.
Ver oferta de emprego Concello de Baralla
25 Abril, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
A redución de áreas previstas no borrador do decreto de bacharelato será unha “eiva” para acadar un “currículo equilibrado”. A redución na área de Educación Física, supoñería a práctica desaparición desta materia pois unha hora en toda a etapa outórgalle un carácter residual, tería menos carga horaria que Relixión e colocaría aos nosos estudantes moi lonxe dos estándares dos sistemas de ensino máis avanzados. A maiores iría en contra das propias recomendacións de distintos organismos internacionais.
Consulta a iniciativa
Leer o resto …
23 Abril, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Hoxe sae no BOP a publicación das litas definitivas e a data do exame para a praza de ALGUACIL- PORTEIRO do concello de Baralla. Preme AQUÍ se queres consultar a resolución.
17 Abril, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O anuncio dunha actuación incompleta
Diante do anuncio por parte do alcalde da entrada en funcionamento dun reemisor da Sexta, o BNG lémbralle ao alcalde que aínda hai varias zonas do concello, como son Laxes, Aranza, Teixeira e a propia zona de Neira de Rei, que non reciben, ou que reciben con dificultade o sinal das outras cadeas. O voceiro nacionalista fai fincapé en que “o BNG pediulle repetidamente que colocase reemisores nesas zonas, pero a día de hoxe non o fixo”. Os nacionalistas, pídenlle así mesmo, que cando poña en marcha unha iniciativa deste tipo, que o faga con carácter xeral , tendo en conta que quedou fóra dela, como así o recoñeceu o alcalde, Neira de Rei, o que representaría preto do 20 % da poboación con cerca de 600 veciños. X. M. Becerra ínstao á que con urxencia se lles dea ese mesmo servizo e que se complete a colocación do resto de reemisores para que poidan recibir o sinal das outras cadeas.
Ver nota El Progreso

11 Abril, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
O BNG reclama a execución dos alumeados públicos pendentes
O concello está parado pola incapacidade do alcalde
O BNG de Baralla pídelle ao alcalde que dedique unha parte dos case 2 millóns de euros a execución das obras dos alumeados públicos pendentes en moitos núcleos do concello. O voceiro nacionalista, Xosé Manuel Becerra, lembra que “despois de 20 anos, este alcalde aínda non foi capaz de poñer este servizo nunha boa parte das 30 parroquias do concello”. Os nacionalistas citan entre outros os núcleos de Sudrio, Rariz, San Amede, Quinta de Ribadeniera, Penouta, Berxelos, Lebruxo, Vilar de Francos, Teixeira, Souto, Rioubil, Cernadas, Fonte dos Poios ou Biduedo. A maiores de outros onde xa existe o compromiso da alcaldía, pero aínda non se remataron.
A incapacidade deste alcalde
Esta é unha proba máis da incapacidade do Sr. Capón para mellorar o nivel de vida dos veciños de Baralla.
Leer o resto …
3 Abril, 2008
Sen clasificar
Non hai comentarios
Hai que ter valor para acusar aos xogadores dun equipo de fútbol de seren os culpábeis da súa desaparición. Pois foi o que fixo o Alcalde cando lle preguntamos porque retiraran da competición ao Baralla. Segundo o Sr. Capón “non había xogadores suficentes…. porque non se levantaban da cama”. Coma sempre, para este alcalde as responsabilidades son dos outros. E o tenente alcalde e presidente do Baralla, nin abriu a boca, agás para darlle a razón ao alcalde. E da asemblea de socios e socias, a ver se para maio. Até daquela ningunha explicación de como están as contas do club. Iso si, as visitas aos socios para recaudar diñeiro si que as fixo.
Consulta a subvención de 6700 € da Deputación ao Baralla