Baralla: a desaparación do equipo de fútbol
Abril 3, 2008 12:39 pm Sen clasificarHai que ter valor para acusar aos xogadores dun equipo de fútbol de seren os culpábeis da súa desaparición. Pois foi o que fixo o Alcalde cando lle preguntamos porque retiraran da competición ao Baralla. Segundo o Sr. Capón “non había xogadores suficentes…. porque non se levantaban da cama”. Coma sempre, para este alcalde as responsabilidades son dos outros. E o tenente alcalde e presidente do Baralla, nin abriu a boca, agás para darlle a razón ao alcalde. E da asemblea de socios e socias, a ver se para maio. Até daquela ningunha explicación de como están as contas do club. Iso si, as visitas aos socios para recaudar diñeiro si que as fixo.



