Este venres, Pleno do Concello

Sen clasificar Non hai comentarios


Este venres, 30 de maio, ás 8 da tarde, temos Pleno ordinario no Concello. É unha boa maneira de comprobar en directo a desidia deste alcalde e do PP e a alternativa que o BNG representa para o Concello. Anímate a asistir.
Se queres ver a orde do día, pica AQUÍ

Se queres consultar as Iniciativas que levamos a este Pleno:

♦Mocion galescola

♦Preguntas colectores cemiterios/pechamento do vertedoiro

♦Preguntas obras rio e morte de peixes

♦Accesos Lebruxo, Penouta, Casa de Ribadeneira, Laxes,…

♦Preguntas marquesiña Sobrado/espello Valiña/sinal TV

♦Moción decreto educación

Pleno do Concello

Eventos Non hai comentarios

30 Maio 2008
8:00 pm

Unha “ex-” de Cacharro no tribunal

Sen clasificar Non hai comentarios

Curioso… Ou se cadra, non tanto. Unha ex-secretaria de Cacharro, forma parte como 1ª vogal do tribunal para a praza de alguacil-porteiro. Por certo, que xa a deixou ben situada antes de marchar. Dá que pensar verdade? Pois o caso é que da morea de funcionarios/as da Deputación, o alcalde vai e escolle unha moi concreta.  Por algo será…

Medio Rural inviste en Baralla

Grupo Municipal Non hai comentarios

Sería bo que o alcalde aproveitase as obras que está executando a Consellería en dúas pistas competencia do concello dentro do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural) para completar o proxecto. A Consellaría que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal, inviste preto de 60.000 € no amaño dos viais que van de Vilartelín a Vilanova e de Teixeira de Arriba a Biduedo. As obras consisten na mellora do firme dos accesos a estes núcleos, cunha distancia aproximada de 1,500 km en cada un dos casos.
Sería unha mágoa non aproveitar a presenza da empresa e das máquinas para completar, cando menos, para realizar as melloras precisas nos propios núcleos e completar o acceso até Santa Marta e San Xusto. Por non facer, nin sequera, realizou aínda o desbrozamento destas dúas pistas, e a empresa adxudicataria xa comezou os traballos. Nestes momentos, e tal e como están as pistas, o tractor desbrozadora do Concello xa tiña que estar traballando a pleno rendemento.

A negativa do alcalde a abrir a galescola

Grupo Municipal Non hai comentarios

Insiste o Sr. Capón e o PP na reiterada negativa por poñer en marcha a galescola de Baralla. A actitude do alcalde é unha proba máis do seu pasotismo á hora de mellorar os servizos públicos para os veciños e veciñas do concello. Despois da sinatura do convenio coa Xunta en xuño de 2005, os técnicos da daquela Consellería de Familia, reclamaron a realización de diversas obras de adaptación do local, nunha ala, das antigas escolas nun informe do verán dese mesmo ano, que incidía en cuestións de carácter técnico e de seguridade dos nenos.

Centro socio-cultural. A galescola iría na ala dereita.

Ver nota La Voz de Galicia

O BNG, vista a actitude do alcalde, presentou diversas iniciativas para reclamar esas obras, pero a día de hoxe,- case tres anos despois do citado informe- non se realizou ningunha das reformas do local das antigas escolas, e o Sr. Capón segue empeñado en non facelas. Así mesmo, presentamos unha emenda aos orzamentos do concello para o 2007 e do 2008, para incluír unha cantidade concreta dedicada á galescola, que o alcalde e o PP rexeitaron.

Leer o resto …

Unha vila limpa,… e as pistas desbrozadas

Sen clasificar Non hai comentarios

Cando un pasa pola vila, decátase de que a situación de limpeza das rúas e en consecuencia a impresión que lle damos aos que nos visitan é case de vergonza. Abonda con ver o lixo que se vai acumulando no chan ou a altura da herba que rodea aos magnolios que en mala hora ordenou plantar o noso Alcalde. Coma se non houbese outras árbores máis acaídas. E xa non digamos nada da poda que lles deron!

Pero non acaba aí a cousa. As pistas dos núcleos empezan a estar inzadas de herba, por mor das últimas chuvias e da suba das temperaturas. É preciso poñer a traballar a desbrozadora xa e así o imos reclamar no pleno de final de mes.

Manifestación en Santiago

Eventos Non hai comentarios

18 Maio 2008
12:00 pm

Polo noso dereito a vivirmos en galego

Cartel da manifestacion día 18

Cando as cousas se fan mal

Sen clasificar Non hai comentarios

O outro día, centos de peixes morreron na presa que discorre paralela ao río Neira, como consecuencia das obras da denominada área fluvial de Baralla. E digo denominada, porque mal pode ser unha área fluvial se o que menos importa no proxecto do alcalde é a zona de baño. Iso si, cemento que non falte. O caso é que o proxecto deseñado polo Sr. Capón preve unha “especie de estanque” entre a pista de tenis e a entrada, que foi o que motivou as obras na presa de arriba. O BNG xa presentara diversas alegacións á memoria, que non proxecto, no seu momento. Agora empezan a verse as consecuencias, pero non van ser as únicas.

Ver vídeo da TVG

Se queres ver máis fotos das obras, clica/photos




Solo industrial, outro ano perdido

Grupo Municipal Non hai comentarios

Xa se vai cumprir un ano desde as eleccións municipais e nada novo do solo industrial que precisamos. Daquela, lembraredes, fora cando se colocara o cartel anunciado a compra dos terreos. E desde aquela, nada. O alcalde non moveu un dedo para poder poñer en marcha a urbanización dos terreos. Noutros concellos do redor, van algo máis adiantados. E o caso é que sigue habendo empresas interesadas por se instalaren en Baralla, pero …

O cartel xa se está facendo vello…