Veciños en folga
Xuño 17, 2008 9:20 am Sen clasificarOnte á tarde, vin na televisión a varios dos meus veciños camioneiros, retidos pola garda civil en Benavente. Son dos que se ían exercer o seu dereito de manifestación a Madrid en defensa de melloras laborais, reclamando unha tarifa mínima que evite o que modernamente se chama “competencia desleal”. O caso é que nesta Unión Europea, que presume de ser un “espazo de libre circulación de mercadorías e persoas”, o Ministerio do Interior ordenaba ao seu xeito “a libre circulación” de milleiros de camioneiros, entre eles moitos de Baralla, porque viaxaban baleiros. Curioso argumento. Curiosa maneira de ocultar as reivindicacións duns traballadores nun momento económico ben difícil.
