Selección a dedo
Xuño 19, 2008 8:08 am Sen clasificarXa hai días que circulaban rumores sobre os elixidos e elixidas para as contratacións temporais para a brigada de obras (de obras??) do Concello e para o servizo de axuda a domicilio. Polo que parece, no caso da brigada de obras repiten boa parte dos que estaban e en axuda a domicilio, primaron máis as relacións sociais dalgunha das elixidas que a súa experiencia ou que contasen con cursos de formación. Conta máis o pago de favores que a boa atención aos nosos maiores. Mentres, as persoas que si teñen eses cursos quedaron fóra.
A “selección”, a dedo, do señor alcalde.
