Unha área fluvial…?
Xuño 30, 2008 12:27 pm Área fluvialCada día que pasa empeora a pinta das obras que o Concello está realizando ao lado do río. A “estrela” da actuación é a pista de tenis, algo que non ten razón de existir no que se pretendía que fose unha área fluvial. Por que se primou o cemento e non o adecentamento dunha zona de baño e a limpeza da zona, para contar ademais cun merendoiro e poder aproveitar os terreos para festas campestres? Pois a pregunta terá que respondela o alcalde, pero os resultados, desgraciadamente xa se ven.


