29 Xullo, 2008
Grupo Municipal
Non hai comentarios
No pleno do pasado xoves, conseguimos dar un paso adiante para a apertura da galescola e para iniciar o proceso de posta en marcha do Centro de día. Despois de moitas iniciativas e peticións, e despois de que este alcalde perdese un ano, conseguimos que se dirixa ao Consorcio para traballar para poñer en marcha a galescola e iniciar os trámites de cesión da antiga casa do médico para centro de día. Pero tamén é certo que pouco confiamos no traballo deste alcalde. Apoia “mandar papeis” pero despois non move un dedo. Nós imos seguir traballando para lograr estes dous servizos.
24 Xullo, 2008
Eventos
Non hai comentarios
| 24 Xullo 2008 |
| 10:00 am |
| 8:00 pm |
Hoxe, as 8 da tarde, pleno do Concello
22 Xullo, 2008
Grupo Municipal
Non hai comentarios
Acabamos de presentar unha iniciativa no Concello, que se vai debater este xoves, no pleno ordinario do Concello, para reclamar que se lle ceda ao Consorcio de Servizos Sociais a antiga “Casa do Médico” para construír o Centro de día de Baralla. O 34,5 % da poboación de Baralla supera nestes momentos os 65 anos de idade e o cento de día sería unha das bases de atención aos noso maiores, e de apoio ás familias.
Pretendemos que as persoas maiores do noso concello, podan recibir unha atención diaria acaída ás súas necesidades e ao mesmo tempo, que permanezan non seu propio entorno social e familiar. Esta alternativa tamén representa unha saída para as familiares que teñen que limitar ou abandonar as súas ocupacións laborais para se ocuparen dos seus maiores. E contamos cun edificio público que, coas modificacións, adaptacións e melloras precisas, podería converterse no centro de día de Baralla. Ese edificio é a antiga casa do médico, nestes momentos sen uso e que pode cumprir ben cos requisitos de espazo para que o Consorcio de Servizos Socias da Vicepresidencia da Igualdade constrúa e poña en funcionamento o centro de día de Baralla.



15 Xullo, 2008
Grupo Municipal
Non hai comentarios
O BNG, a través dos seus deputados Cristina Ferreiro e Fernando Blanco Parga, presentamos unha iniciativa no Parlamento galego para interesarnos pola posibilidade de contar con asistencia pediátrica no centro de saúde de Baralla. Segundo datos do Sergas, Baralla contaría cunha poboación pediátrica de 188 persoas. Con esta proposta parlamentaria queremos saber se o Sergas ten previsto instaurar este servizo e cando. A ver que responden.
Preme aquí se queres ver a iniciativa

O BNG considera que poboación infantil de Baralla xustifica que haxa un pediatra
11 Xullo, 2008
Grupo Municipal
Non hai comentarios
Onte, no acto que organizamos polo día da patria, falamos de nacionalismo, de País e de futuro. Pero os veciños e veciñas que nos acompañaron, puxeron de manifesto a súa preocupación polos problemas do concello: urbnanismo, galescola, atención a terceira idade e centro de día, atención pediátrica… Sobre este último asunto, imos presentar unha iniciativa no Parlamento galego, e outra no Concello para pedirlle ao alcalde que xestione a presenza dun/dunha pediatra, que atenda aos 184 menores de 14 anos do concello, cando menos algún día á semana, no centro de saúde de Baralla. Neste como noutros asuntos, a desidia do alcalde é manifesta.
Consulta os servizos de pediatría do SERGAS

10 Xullo, 2008
Grupo Municipal
Non hai comentarios
Hoxe, ás 9 e media da noite, no Centro Sociocultural, anímamosvos a participar no acto do BNG con motivo da celebración do Día da Patria galega e de explicación da nosa actuación desde as consellarías da Xunta de Galiza.

8 Xullo, 2008
Grupo Municipal, Sen clasificar
Non hai comentarios
Estes días empezará a chegarvos ás casas o boletín BNG de xullo. Un pequeno resumo do noso traballo das últimas semanas. Se o queres consultar preme aquí Boletin BNG-xullo-08

4 Xullo, 2008
Cultura e deporte
Non hai comentarios
O río Neira ten un gran potencial económico e social, e a celebración e consolidación dunha festa como a da troita, podería axudar ásúa posta en valor. O noso río ten unha recoñecida sona como río troiteiro entre os pescadores galegos e de fóra de Galiza, que cumpriría revitalizar e aproveitar economicamente. É necesario que Baralla se converta nun referente deste deporte, coa celebración dun campionato de pesca sen morte, entre outras actividades que se poderían programar. Temos un potencial ambiental e de patrimonio enorme, totalmente desaproveitado, dado que este alcalde e o PP, non moveron un dedo para dar a coñecer o noso rico patrimonio. Falta a sinalización de elementos históricos e de rutas de sendeirismo. Pero xa sabemos. Acabou coa Feira-exposición e parece que o único que lle vale é o cemento.

►O BNG de Baralla propón recuperar a Festa da Troita para dinamizar a economía local