Patrimonio que non se valora


Chuzame! -

Portada da igrexa de Berxelos

Contamos cun patrimonio hsitórico enorme, pero desde o Concello non se aposta por poñelo en valor e sacarlle toda a rendabilidade que podería dar. A recente restauración das pinturas da igrexa de Berxelos que financiou a Consellería de Cultura, -e mon son as únicas pinturas que temos nas igrexas do concello, caso das de Vale ou Santo Estevo-, evindenciou o pouco se promociona os nosos elementos patrimoniais, situación que repetidamente denunciou o BNG. Por que, sabedes dalgún cartel ou sinal que lles indique a veciños e visitantes onde está esta xoia do románico? E a ponte de Covas…e a de Neira de Rei…e os pazos e castros cos que contamos nas nosas parroquias? Por que non se promociona a variante do caminño de Santiago que pasa por Baralla? Este alcalde, está claro que tanpouco aposta pola cultura e polo noso patrimonio.

Desvío do camiño francés a Santiago por Baralla

Deixar unha Resposta