Pediatra en Baralla
Xullo 11, 2008 8:34 am Grupo MunicipalOnte, no acto que organizamos polo día da patria, falamos de nacionalismo, de País e de futuro. Pero os veciños e veciñas que nos acompañaron, puxeron de manifesto a súa preocupación polos problemas do concello: urbnanismo, galescola, atención a terceira idade e centro de día, atención pediátrica… Sobre este último asunto, imos presentar unha iniciativa no Parlamento galego, e outra no Concello para pedirlle ao alcalde que xestione a presenza dun/dunha pediatra, que atenda aos 184 menores de 14 anos do concello, cando menos algún día á semana, no centro de saúde de Baralla. Neste como noutros asuntos, a desidia do alcalde é manifesta.
Consulta os servizos de pediatría do SERGAS

