Queremos poñer en marcha o Centro de día


Chuzame! -


Acabamos de presentar unha iniciativa no Concello, que se vai debater este xoves, no pleno ordinario do Concello, para reclamar que se lle ceda ao Consorcio de Servizos Sociais a antiga “Casa do Médico” para construír o Centro de día de Baralla. O 34,5 % da poboación de Baralla supera nestes momentos os 65 anos de idade e o cento de día sería unha das bases de atención aos noso maiores, e de apoio ás familias.
Pretendemos que as persoas maiores do noso concello, podan recibir unha atención diaria acaída ás súas necesidades e ao mesmo tempo, que permanezan non seu propio entorno social e familiar. Esta alternativa tamén representa unha saída para as familiares que teñen que limitar ou abandonar as súas ocupacións laborais para se ocuparen dos seus maiores. E contamos cun edificio público que, coas modificacións, adaptacións e melloras precisas, podería converterse no centro de día de Baralla. Ese edificio é a antiga casa do médico, nestes momentos sen uso e que pode cumprir ben cos requisitos de espazo para que o Consorcio de Servizos Socias da Vicepresidencia da Igualdade constrúa e poña en funcionamento o centro de día de Baralla.

casa-do-medico-centro-de-dia.jpg

A casa do médico de Baralla é o edificio idóneo para un centro de día, segundo o BNG

Deixar unha Resposta