Conseguimos dar un paso adiante
-
No pleno do pasado xoves, conseguimos dar un paso adiante para a apertura da galescola e para iniciar o proceso de posta en marcha do Centro de día. Despois de moitas iniciativas e peticións, e despois de que este alcalde perdese un ano, conseguimos que se dirixa ao Consorcio para traballar para poñer en marcha a galescola e iniciar os trámites de cesión da antiga casa do médico para centro de día. Pero tamén é certo que pouco confiamos no traballo deste alcalde. Apoia “mandar papeis” pero despois non move un dedo. Nós imos seguir traballando para lograr estes dous servizos.
