Pleno do Concello
22 Setembro, 2008 Eventos, Grupo Municipal Non hai comentarios| 26 Setembro 2008 | ||
| 8:00 pm |
| 26 Setembro 2008 | ||
| 8:00 pm |
Máis unha vez temos que volver sobre o tema. Este alcalde ten abandonados os accesos aos núcleos. Un mes detrás doutro, temos que denunciar esta situación. Nin se actúa sobre os que xa están deteriorados, nin se actúa sobre os que empezan a estragarse, para evitar que se danen máis. xa falamos dos casos de Lebruxo, de Laxes, de Penouta, de Vilar de Francos, Ribadeneira, … e agora Recesende. Ou é que os 300 millóns das antigas pesetas de orzamento do Concello non dan para amañar as nosas pistas?
O Bloque de Baralla reclama a reparación de accesos a núcleos
A pouco de rematar o ano, nada se sabe da convocatoria municipal de subvencións que estabelce a ordenanza en vigor. Nada se sabe das axudas que agradecerían as asociacións culturais, de mulleres, de veciños, os clubes deportivos que temos no concello. Nada se sabe, porque esa é a táctica deste alcalde.
Nós imos presentar unha iniciativa no próximo pleno para reclamar que abra esa convocatoria. Queremos transparencia e apoio ao traballo das asociacións e á vontade dos nosos deportistas.
Un xa non sabe se estaba mellor antes ou agora. A verdade é que as obras de reposición dalgúns tramos do firme da N-VI entre Baralla e Sobrado quedaron con moitas deficiencias: firme desigual e pouco uniforme, zonas necesitadas de mellora e incluso xa se fixeron novos buratos. Cumpriría que o alcalde se dirixise a Fomento para tratar de que solucionen estes problemas. Agora é o momento. E por suposto, que insista en que solucionen o acceso á N-VI desde o núcleo de Constantín. Nós ímosllo pedir.
Onte falaba cun mozo, un veciño noso que participou esta fin de semana no rallie San Froilán, da súa experiencia na competición e da cantidade de xente que chegou a Láncara e ao Corgo para ver os tramos que se disputaban nestes dous concellos. E contábame que en Baralla contamos con tramos tan bos ou mellores para práctica deste deporte.
E explicáballe eu que esa non era a aposta do alcalde. Que non era este o campo ao que Sr. Capón lle vise rendemento electoral, e por tanto que non esperase apoio para seguir competindo. Non se decata este alcalde da xente que moven as competicións deportivas, do que se falou na prensa destes dous concellos e como non, do diñeiro que quedou en bares e restaurantes da zona neses dous días.
Desde xa hai anos, o Sr. Capón xa non ten interese polo futuro do concello. Tampouco polos seus deportistas.
Os condutores que teñen que usar a estrada que une Baralla con Láncara, levan varios meses sufrindo os buratos que se produciron como consecuencia das obras que realizou o Concello, da traída de de auga municipal en Pousada. Desde aquel momento, o alcalde parece que non se volveu acordar de que desfixera a estrada en varios puntos e por non facer, nin sequera se ocupou de cando menos, tapar os furados, mentres non se volve asfaltar. E é unha situación que se repite tamén en distintas pistas do propio núcleo de Pousada. Por certo, unha situación de abandono que se repite alí onde fai algunha obra e que despois esquece por completo.
Malia a resposta que lle vén de dar a Consellería de Sanidade, que dirixe o PSOE, aos nosos deputados no parlamento galego, imos seguir traballando para que poidamos contar cun pediatra, polo menos, un día á semana. O número de cativos avala esa demanda e non é de recibo que todos os concellos do redor si que o teñan e nós non. É xusto e neste caso, tamén necesario.
Xa denunciamos repetidamente as deficiencias do sistema de recollida de lixo e reclamamos o pechamento do vertedoiro. Agora, en teoría, e por decisión do Sr. Alcalde, parece que imos depositar o lixo na planta de Lugo. Algo que evidentemente nos vai saír máis caro que verter en Becerreá. Pero aí non acaba todo. O pasado día 26, a brigada de obras ??? do Concello, co Sr. Raposeira ao mando, dedicouse a carretar os colectores amarelos de envases e a baleiralos no vertedoiro incontrolado que aínda padecemos ás beiras do río Neira. E aínda que xa sei que case non sorprende, vindo de quen vén, é unha verdadeira vergonza.Por suposto, imos denunciar o tema no próximo pleno de finais de mes.
Douscentos!! Douscentos “convidados e convidadas”, a un xantar que imos pagar todos os veciños do concello. Esa é a maneira que ten o Sr. Capón de xestionar os cartos públicos. Pagarlle unha enchente o pasado venres, aos seus amigos a conta dos cartos de todos. Concelleiros do PP, pedáneos, tíos, sobriños, curmáns e demais familia. Este alcalde aplica a máxima de que en tempos de crise, aumentar o consumo. Iso si, que o paguen os demais.
Remataron as vacacións e xa estamos de volta. Hai ben cousas que contar, pero iremos con elas pouco a pouco.