Cousas sen xeito
3 Setembro, 2008 Grupo Municipal Non hai comentariosXa denunciamos repetidamente as deficiencias do sistema de recollida de lixo e reclamamos o pechamento do vertedoiro. Agora, en teoría, e por decisión do Sr. Alcalde, parece que imos depositar o lixo na planta de Lugo. Algo que evidentemente nos vai saír máis caro que verter en Becerreá. Pero aí non acaba todo. O pasado día 26, a brigada de obras ??? do Concello, co Sr. Raposeira ao mando, dedicouse a carretar os colectores amarelos de envases e a baleiralos no vertedoiro incontrolado que aínda padecemos ás beiras do río Neira. E aínda que xa sei que case non sorprende, vindo de quen vén, é unha verdadeira vergonza.Por suposto, imos denunciar o tema no próximo pleno de finais de mes.




