Nada para o deporte
Setembro 10, 2008 8:25 am Cultura e deporteOnte falaba cun mozo, un veciño noso que participou esta fin de semana no rallie San Froilán, da súa experiencia na competición e da cantidade de xente que chegou a Láncara e ao Corgo para ver os tramos que se disputaban nestes dous concellos. E contábame que en Baralla contamos con tramos tan bos ou mellores para práctica deste deporte.
E explicáballe eu que esa non era a aposta do alcalde. Que non era este o campo ao que Sr. Capón lle vise rendemento electoral, e por tanto que non esperase apoio para seguir competindo. Non se decata este alcalde da xente que moven as competicións deportivas, do que se falou na prensa destes dous concellos e como non, do diñeiro que quedou en bares e restaurantes da zona neses dous días.
Desde xa hai anos, o Sr. Capón xa non ten interese polo futuro do concello. Tampouco polos seus deportistas.
