E as subvencións?
Setembro 19, 2008 10:37 am Sen clasificar, Área fluvialA pouco de rematar o ano, nada se sabe da convocatoria municipal de subvencións que estabelce a ordenanza en vigor. Nada se sabe das axudas que agradecerían as asociacións culturais, de mulleres, de veciños, os clubes deportivos que temos no concello. Nada se sabe, porque esa é a táctica deste alcalde.
Nós imos presentar unha iniciativa no próximo pleno para reclamar que abra esa convocatoria. Queremos transparencia e apoio ao traballo das asociacións e á vontade dos nosos deportistas.



