A máis de dous “pedáneos” por parroquia
Outubro 1, 2008 7:49 am Acesos e pistas, Grupo Municipal, Área fluvialContaba hai uns días o xantar particular que organizou o alcalde polo San Vitorio. Ese que pagamos todos. Este venres pregunteille por el no Pleno, polo número de persoas que asistiron, polo custo e polos criterios do convite. O subsconciente xa o levou a respondernos que “lo voy a pagar yo”. Si, vostede vai asinar o pago, pero cos cartos de todos. Como sospeitaba o gasto supera os 3000 euros.Tamén me dixo que foran 153 persoas, despois de sumar empregados do Concello, parte da Corporación (nós non asistimos), Garda Civil, Xuíz de Paz e pedáneos (cos seus respectivos acompañantes). Pero claro non saen as contas. Porque gardas civís sabemos todos cantos hai e parroquias temos 30. Polo visto, ten máis de dous “pedáneos” por parroquia.
