28 Novembro, 2008
Grupo Municipal
Non hai comentarios
O pleno ordinario de hoxe ás 8 da tarde, vaise volver centrar nas iniciativas que presenta o BNG. Levamos a debate a pleno unha moción na reclamamos do alcalde que modifique das taxas de depuración e abastecemento, para vinculalas ao consumo real de cada vivenda, o que permitiría reducir os custes dos usuarios. Así mesmo, o BNG tamén levan a pleno unha iniciativa para esixirlle ao alcalde que xestione e execute os compromisos que adquiriu no convenio asinado coa Deputación para o desenvolvemento do solo industrial de Baralla. Todos sabemos que é preciso que se poña en marcha dunha vez, porque empresarios interesados hainos.
Accesos
Por outra parte, tamén solicitamos o amaño de diversos accesos, como é o caso da pista da Ponte de San Miguel a Ponte de Neira, dos accesos na entrada de Penarrubia e o amaño dos buratos da pista en Mazaille.
En plenos anteriores xa reclamamos o amaño de accesos que seguen pendentes, entre outros, os accesos a Lebruxo, a en Penouta, a Laxes, ou os buratos da estrada Baralla-Láncara. Pero o alcalde ou ben negar a evidencia, ou adía “sine die” as obras ou nin sequera admitir que se van realizar. Aínda así, o BNG insiste na necesidade de manter as pistas minimamente conservadas e non deixalas abandonadas pouco a pouco, para evitar que despois haxa que rexeneralas completamente. Ademais, a orde do día tamén inclúe a aprobación do convenio con Vicepresidencia para a posta en marcha do programa “Xantar na casa”, que vai permitir prestarlles o servizo de comida a domicilio aos maiores e dependentes do concello. Así mesmo, o BNG reclama que se habilite un local axeitado para o equipamento deportivo de ximnasia e que se coloquen dunha vez colectores de lixo nos cemiterios parroquiais.

25 Novembro, 2008
Acesos e pistas
Non hai comentarios
Xa hai meses denunciamos o estado de abandono no que quedaba a estrada de Baralla a Láncara, e os accesos do propio núcleo de Pousada, polas obras que realizou o concello. E levamos o problema a pleno varias veces. Non é xustificábel que despois de máis dun ano, eses enormes buratos na estrada e os accesos do núcleo sigan sen amañar. Eis un exemplo máis da desidia deste alcalde.
♫ Vídeo dos buratos na TVG
24 Novembro, 2008
Grupo Municipal, Plan Xeral (PXOM)
Non hai comentarios


A actuación ocuparía case 125.00 m², con algo máis de 80.000 m² destinados a parcelas de uso industrial e comercial, na Mocha, e que suporía unha vital actuación para o futuro económico e social de Baralla. Pero desde que se asinou o convenio, o alcalde non moveu un dedo para cumprir os compromisos do concello. Nos orzamentos municipais de 2007 e 2008, o BNG presentou emendas para dedicar unha partida de diñeiro a execución desas actuacións previstas no convenio, pero o alcalde e o PP negáronse a aceptalas. Sabemos que hai empresarios moi interesados nos terreos do polígono industrial da Mocha, tanto do propio concello como de fóra del, pola situación xeográfica e de comunicacións, situado á beira da N-VI e da A-6 e que os terreos precisarían de pouco movemento de terras e cun prezo medio previsto no proxecto, que estaría ao redor 30 € por m². O tempo pasa. Con este alcalde, cada día que pasa, é un día que perde o futuro de Baralla.


21 Novembro, 2008
Acesos e pistas, Sen clasificar
Non hai comentarios
- 2ª. Todal-as funciós adeministrativas: O réximen bancario no que intervirá pol-a función social que oxe teñen os Bancos. A mesma facultade pr-a solución do Creto agricola.
Manifesto da Asembleia nazonalista de Lugo
Ten 90 anos pero é unha proposta con total actualidade. Si, economía e agricultura. Así o propoñían aqueles primeiros nazonalistas que se xuntaron en Lugo, no hotel Méndez Núñez, ala polo ano 1918. De actualidade, porque, máis unha vez, a europa dos mercados marca as súas pautas e deixa de lado a europa social, a europa dos pobos. Esa Europa, a que só pensa nos mercados, acaba de tomar a decisión de poñerlles fin, agora que lles interesa a eles, ás cotas do leite para o ano 2015, ademais de reducir as axudas directas. E decidiu aumentar a procentaxe de produción nun 1%,-a mesma porcentaxe-, para todos os estados. Ningunha das dúas medidas é positiva para Galiza nin para o seu sector agrario, porque entre outras cousas van permitir que estados excedentarios coloquen o seu leite nos deficitarios de produción. E rechamante é que Italia vaia ter un aumento do 5 %. Ou non…
18 Novembro, 2008
Grupo Municipal
Non hai comentarios
Os veciños non se poden converter nos pagadores da mala xestión e do pouco rigor no gasto por parte da alcaldía, do Sr. Capón e do PP.
A entrada en vigor das taxas de saneamento puxo en evidencia a necesidade dunha modificación coordenada das ordenanzas de abastecemento de auga e de depuración, e unha revisión rigorosa da rede de contadores de consumo de auga municipal, xa que se detectaron niveis de consumo que non se correspondan co consumo real de vivendas particulares, dándose o caso de consumos bimensuais que superan con moito as cantidades medias de consumo por persoa e vivenda e que se disparan, nalgún caso, a máis de 100 m³ (é dicir, 100.000 litros de auga).
As taxas que estableceu o Concello teñen unha táboa de tramos moi reducida e pouco rigorosa e dado que a taxa de saneamento esta vinculada ao consumo de auga o importe final do recibo ao que teñen que facer fronte moitas vivendas disparouse. Pensamos que se deben modificar, para vincular os custos ao consumo real. O peto de cada casa habíao notar ao final de mes.


14 Novembro, 2008
Cultura e deporte
Non hai comentarios
Recentemente a Consellaría de Cultura e Deporte que dirixe o BNG, concedeulle ao Concello de Baralla unha subvención de 3.000 € para o ano 2008 e outros 3.000 € para o ano 2009 para a adquisición e instalación dos equipos e aparellos de ximnasio e exercicio físico. Esta actuación que significa unha calara aposta na Consellaría por mellorar os servizos que debe ofrecer un concello, precisa un espazo axeitado á actividade. E o local elixido polo alcalde, parte do corredor-planta superior do Centro Sociocultural non cumpre eses mínimos. Por que non usar o baixo da antiga Cámara Agraria, polo menos de xeito temporal, tendo en conta que dispón de máis metros cadrados e xa conta con aseos? Claro, é preciso adecentalo e cambiarlle a porta. Ímosllo propoñer no pleno do venres 28. Xa vos contarei que pasa.
10 Novembro, 2008
Acesos e pistas, Grupo Municipal
Non hai comentarios
Estes días, o Concello está pintando as zonas de aparcamento reservado para discapacitados. E foron eleixir para unha delas, un punto ben pouco axeitado. Todos e todas coñecemos as dificultades de paso pola rúa denominada Irmáns Diaz Moreno, a que baixa (e sobe) desde a N-VI até Fabeiro, entre a Casa do Concello e a antiga docería. No seu día, o propio Concello incluso instalou bolardos de metal para impedir que se estacionase nese punto e agora sitúano como aparcamento para discapacitados. É máis, dada a estreitura da beirarrúa, un discapacitado, nin sequera podería utilizar unha cadeira de rodas. E a iso hai que engadirlle a perigosidade do cruzamento. E por suposto, séguense botando en falta a mellora de accesos ás beirarrúas.