Bo Nadal e feliz aninovo
23 Decembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentarios
| 26 Decembro 2008 | ||
| 8:00 pm |
Pleno ás 8 da tarde, para debater a proposta do BNG de obras a inculír no Fondo estatal.
Este venres 26, ás 8 da tarde, temos o pleno extraordinario que pedimos para debater e aprobar as obras a incluír no Fondo Estatal de investimento. Agardemos que o alcalde sexa receptivo ás nosas propostas de dedicalo a poñer en marcha as infraestruturas do polígono industrial e o Centro de Día. Son obras moi necesarias e sería a mellor maneira de investir ese dineiro en emprego para o presente e para o futuro. A ver que pasa.
![]()
O Consello da Xunta de Galiza vén de aprobar diversas partidas de gasto para o amaño e mellora da estrada que une Baralla con Baleira. As actuacións previstas son distintas no tramo entre Baralla e Neira de Rei e Neira de Rei-Baleira. No seu día, nós pedísmolle ao alcalde que ao mesmo tempo xestionase na Consellaría de Política Territorial e na Medio Amabiente a adecuación dun paseo fluvial no tramo que une Baralla con Neira de Rei. Como noutros casos, foi o novo goberno da Xunta quen impulsou esta obra. Agora falta por vermos como queda o proxecto e xa vos informaremos.
En días coma o de onte é cando se precisa rigor e dedicación. En días coma o de onte é cando un alcalde ten que asumir a situación e as necesidades dos veciños. Pero este alcalde que temos vive no descanso continuo. Vivendas sen luz, sen auga, árbores caídas que impedían o paso… Si, moitas viaxes nos vehículos “oficiais” do Concello, pero poucas solucións. Nin sequera un pouco sal para permitir o paso de persoas e vehículos. Nin sequera un pouco sal para poder camiñar polas beirarrúas da propia vila, na que acudir ao Centro Médico ou a un banco era toda unha aventura de equilibrio. Nada novo neste alcalde do PP: abandono e desinterese.
O BNG denuncia que os veciños tiveron que retirar árbores da estrada de Baralla a Láncara
![]()

Os vindeiros 27 e 28 de decembro temos partido da selección galega de fútbol. Da masculina e da feminina. Xogamos contra Chile e contra Euskadi. Coma calquer evento onde está presente o País, este ten un significado que vai máis alá. Unha Nación, unha selección.
Ou entra en http://www.galizanova.org/gnova/

Nós teriamos claro que unha parte dos 536.982 € do Fondo estatal de investimento local debe servir para poñer en marcha o solo industrial de Baralla e o Centro de Día. Serían as actuacións máis acaídas aos obxectivos do plan: crear emprego. Dedicar o diñeiro a actuacións que afecten a todos os veciños é a mellor maneira de investilos, porque todos queremos que a nosa mocidade se quede a traballar no noso concello e que os nosos maiores teñan un centro de atención. Ademais serían obras que poderían facer empresas do concello que contratarían xente do concello. Mellorar os servizos públicos, desenvolver obras e actuacións para apoiar os nosos sectores económicos básicos e estender e ampliar a rede de servizos sociais, é a mellor arma de cubrir as necesidades dos que máis o necesitan en épocas de crise como a que vivimos.
A proposta está riba da mesa. Agardemos que o alcalde a acepte.

O Bloque suxire dedicar o diñeiro do fondo estatal a un centro de día e ao polígono
A nevada desta fin de semana volveu demostrarnos a nula xestión deste alcalde que padecemos. Non nos chegaba coa falta de medios técnicos e humanos de FENOSA, que nos deixou sen luz horas e horas, e a maiores sufrimos a falta de previsión e o desinterese do Sr. Capón. É algo teñen en común esta empresa eléctrica e o noso rexedor municipal. Non é de recibo que unha eléctrica como FENOSA non dispoña dos medios técnicos e humanos precisos para solucionar un avaría eléctrica nun tempo prudencial e que non manteña as canles das liñas limpas. Os enfermos con tratamentos médicos, as explotacións leiteiras, a hostalería, as perruquerias, as carnicerías, os supermercados…os veciños, non poden ser as vítimas da avaricia de FENOSA. Cobrar recibos si, pero sen investir na mellora dos servizos.
E no caso de Baralla, como non hai dúas sen tres, tamén sufrimos da improvisación deste alcalde. Este alcalde que por exemplo, mantivo a vila sen auga dous días por non contratar un xerador alternativo que permitise bombear a auga. E por suposto tampouco se lle ocorreu recorrer a xeradores para solucionar os problemas urxentes que se produciron.
Onte, un veciño que criticaba a acitude do alcalde, que ademais de sen luz, estivo sen auga e como consecuencia sen calefacción, resumíame a situación nun “Temos o que queremos e o que merecemos”.
Eu estou convencido de que merecemos algo máis. Falta que os veciños o queiran buscar.