Unha boa noticia para Baralla

Cultura e deporte, Sen clasificar Non hai comentarios

Onte á tarde a Secretaria Xeral de Benestar, Chus Lago, e a delegada en Lugo de Vicepresidencia, Branca Rodríguez Pazos, fixeron pública a posta en funcionamento da Oficina de I+B de Baralla, que lles vai prestar servizos a 18 concellos da nosa provincia. Con esta actuación evidénciase a aposta do BNG desde as súas responsabilidades de goberno, e neste caso desde o departamento que dirixe Anxo Quintana, polo rural galego e por establecer unha rede galega de servizos socias que chegue a todos os cidadáns. Os veciños e veciñas de Baralla deben ser conscientes do cambio que puxo en marcha o BNG desde o goberno e apostar porque o 1 de marzo, o nacionalismo lidere o goberno galego e siga sendo o motor do cambio que este país precisa.

A candidatura do BNG

Sen clasificar 1 Comentario

queremos-mais

Hoxe públicanse no DOG as candidaturas ás eleccións galegas do vindeiro 1 de marzo. O BNG, a militancia da comarca Lugo-Centro, apostou porque eu formase parte desa candidatura. O compromiso do nacionalismo co rural de Lugo, con concellos coma o noso, cos seus sectores produtivos, demostrouse nesta lexislatura nas actuacións das distintas consellarías da Xunta que dirixiu o BNG. Queremos máis. Oxalá que os veciños e veciñas de Baralla confien nese traballo e nas nosas propostas de futuro.

presentacion-candidatura-lugo3portapapeles014

O temporal e un alcalde incapaz

Grupo Municipal, Notas de prensa 2 Comentarios

Nin unha soa medida de urxencia adoptou o Sr. Capón para mitigar os efectos do temporal de vento dos pasados días que provocou a caída árbores, paus do tendido eléctrico e de cableado eléctrico e como consecuencia a interrupción da subministración.Todos sabemos que a responsabilidade da falta de subministración eléctrica é da empresa subministradora FENOSA, pero este alcalde dedicouse atender aos seus negocios persoais no canto de se ocupar dos problemas dos seus veciños. Non fixo nada para reducir as consecuencias do temporal.
Dada a situación e a experiencia vivida no anterior temporal de neve, por que non alugou xeradores de gran potencia para cubrir puntualmente as zonas que volveron quedar sen subministración, para evitar novas perdas en explotacións agrícolas, bares e restaurantes, empresas e vivendas particulares, nunha época na que se acumula a matanza, ou os problemas de enfermos e xente maior? Por incapacidade e por pasotismo.
E as brigadas do concello? Por que non apareceron para solucionar problemas puntuais de caídas de árbores e incluso para tratar de localizar as zonas de avarías eléctricas nas liñas de baixa tensión co obxectivo de trasladarlle esa información a FENOSA e ás súas subcontratas e poder acelerar así a reparación dos cortes?
Todos sabemos onde estaban, verdade?

O BNG de Baralla pídelle ao Concello que presione máis a FENOSA

Vicepresidencia tamén aposta por Baralla

Grupo Municipal Non hai comentarios

portapapeles01

decora1-04progreso

Baralla terá un centro de Igualdade e Benestar que atenderá 18 concellos

Próximamente a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a área que dirixe o compañeiro Anxo Quintana, vai abrir en Baralla, unha oficina do Consorcio que vai centralizar as actuacións en inclusión social, apoio familiar e igualdade de xénero. A iniciativa é unha aposta máis do BNG, desde as súas responsabilidades de goberno, polos servizos públicos e polo rural de Lugo.

Tivemos que colaborar activamente co Consorcio na busca do local e a posta en marcha da oficina de I+B, dado que o alcalde non moveu un dedo para conseguilo. É unha aposta pola xestión pública e polo rural, un intento de achegar servizos ás vilas e ao rural para gañar benestar e frear o despoboamento.
A oficina de I+B vaise instalar nunha casa rehabilitada en pleno centro da vila de Baralla. Nela poderán realizarse trámites administrativos relacionados coas áreas dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. O seu persoal, ademais, traballará en contacto directo coa xente para atender as necesidades que se presenten.
Transformamos Galiza e a partir do 1 de marzo ímolo seguir facendo.

foto-centro-consorcio-baralla-1

Eleccións galegas

Sen clasificar Non hai comentarios

banner_xeral1

Este venres, o BNG celebra o seu acto de presentación pública de candidaturas ás eleccións galegas. Contamos con todos os galegos e galegas e queremos pedirlles o seu apoio para unha alternativa nacional, de progreso, de benestar e orgullosa do noso idioma e do noso País. Nesta ocasión, a militancia da organización quixo que formara parte desa candidatura, do traballo colectivo de seguir trasnformando a sociedade galega para facela máis xusta e próspera. Anímovos a participar neste acto e a compartir e agrandar o proxecto nacionalista.

Candidaturas do BNG (documento de texto)

Baralla, Zona de Interese Agrario

Cultura e deporte, Sen clasificar Non hai comentarios

A Conselleraía de Medio Rural vén de declarar o solo rústico de protección agropecuaria do noso concello, de especial interese agrario. Con esta iniciativa, definida na Lei do Banco de Terras de Galiza, Medio Rural aposta outra vez polo presente e polo futuro do noso sector agrogandeiro. O Banco de Terras constitúe un instrumento fundamental para impulsar o medio rural, favorecendo a mobilidade das terras que están improdutivas, evitando o seu abandono e a perda de superficie agraria útil. A xestión do banco de terras pode favorecer a ampliación de explotacións existentes e impulsar o nacemento de novas explotacións supoñendo un importante medio de xeración de emprego e a ampliación da súa base territorial das explotacións, o quo lles permitirá unha menor dependencia de pastos e forraxes externos, así como a posible diversificación de cultivos. O decreto recoñece a Baralla pola súa alta produtividade agrícola e gandeira posta de manifesto pola existencia de explotacións que o avalan e polas propias características e potencialidade dos terreos ou zonas en que se localizan, pola súa actividade agropecuaria, número de explotacións, plans de mellora, e mesmo incorporación de mozos e mozas á actividade agraria.
Para o BNG sen un rural vivo, non teremos País. E desde as nosas responsabilidades, traballamos polo seu futuro.

Consulta o Decreto ZEIA Baralla


Ano novo, o mesmo desleixo no Concello

Sen clasificar Non hai comentarios

Como xa vos contaba, o pasado día 26 debatemos no pleno as nosas propostas para investir os cartos do Fondo Estatal. Propoñiamos que unha parte se destinase ao desenvolvemento do solo industrial e á primeira fase do Centro de Día de Baralla, porque nos parecían os dous proxectos máis acaídos e os que de seguro ían mellorar os servizos sociais e crear postos de traballo e futuro para a nosa mocidade. Pero o alcalde e o PP votaron en contra desta proposta. Polo visto teñen na cabeza favorecer algunha actuación privada.