Eleccións galegas
16 Xaneiro, 2009 Sen clasificar Non hai comentariosEste venres, o BNG celebra o seu acto de presentación pública de candidaturas ás eleccións galegas. Contamos con todos os galegos e galegas e queremos pedirlles o seu apoio para unha alternativa nacional, de progreso, de benestar e orgullosa do noso idioma e do noso País. Nesta ocasión, a militancia da organización quixo que formara parte desa candidatura, do traballo colectivo de seguir trasnformando a sociedade galega para facela máis xusta e próspera. Anímovos a participar neste acto e a compartir e agrandar o proxecto nacionalista.




