4 Febreiro, 2009
Acesos e pistas, Sen clasificar
Non hai comentarios
Onte, no pleno, o alcalde e o PP volveron votar en contra da nosa proposta de incluír nos orzamentos do ano 2009, dúas partidas económicas para a compra de terreos para o Centro de Día e para o polígono industrial. Excusas e máis excusas. Non quixo dedicar o diñeiro do Fondo Estatal a estas actuacións e agora négase a metelas nos orzamentos. O malo é que o tempo pasa e o concello segue parado, perdendo poboación día a día. Xa llo dixemos onte: boa falta fai que o BNG goberne no Concello, senón aviados estamos.


O BNG pídelle ao alcalde que reserve partidas para o Centro de Día e para o polígono industrial
2 Febreiro, 2009
Grupo Municipal, Notas de prensa, Área fluvial
Non hai comentarios
É o BNG quen introduce no pleno propostas sobre as necesidades dos veciños e veciñas de Baralla. O BNG vaille propoñer ao alcalde que reserve dúas partidas económicas dentro dos orzamentos do ano 2009 para facerse cos terreos ou co edificio precisos para construción do Centro de Día de Baralla e para poñer en marcha o polígono industrial na parte que lle corresponde ao concello. Para Baralla é clave crear emprego para que a nosa mocidade se quede aquí e por iso é urxente desenvolver o solo industrial. E así mesmo, que os nosos maiores poidan contar nun futuro próximo cun centro de atención integral como o Centro de Día. Dúas actuacións para crear emprego, asentar poboación e parar así a caída de poboación do concello. Este alcalde xa ten a triste marca de ser quen levou ao concello a baixar no seu día dos catro mil habitantes e agora xa dos 3.000.Un dato que marca un punto de inflexión para o futuro do concello, unha situación para a que é preciso poñer en marcha medidas de fondo e de investimento produtivo como as que puxo en marcha o BNG desde as distintas consellarías da Xunta, pero que precisan tamén da combinación da actuación dos gobernos municipais. E no caso de Baralla, esa acción municipal non existe. E por iso, as propostas do PP son as de asumir a defensa do alcalde nos seus xuízos.
