Obras con sentidiño

Acesos e pistas, Grupo Municipal, Notas de prensa Non hai comentarios

Sentidiño. Rigor e control, deben ser os criterios cos que se deben planificar e realizar as obras. Pero xa sabemos que é moito pedirllle a este alcalde. Agora que se están executando as obras financiadas polo Fondo de Investimento Local, falta faría, por exemplo, sentidiño para canalizar a auga nos accesos, por exemplo, de Pol, para evitar que lles entre a auga nas casas. Rigor e control, para evitar, por exemplo, danos e gretas na igrexa. En definitiva, sentido común.

Residencia para ricos

Grupo Municipal, Notas de prensa 1 Comentario

Nada sorprendente. Onte, o sr. alcalde e o PP apostaron por darlle cartos públicos a empresa San Rosendo para facer en Baralla unha residencia que os nosos xubilados non van poder pagar. Ou hai algún que cobre 1300 euros ao mes? Por certo, xa son curiosas as présas que lles entraron para asinar o convenio. O caso é que San Rosendo está facendo un negocio redondo. Non tivo que pagar os terreos, ten os cimentos da obra xa construídos e outra boa parte ímoslla pagar todos cos nosos impostos. Así fai obras calquera. E as empresas e empresarios de Baralla, mentres, sen axudas e o concello sen polígono. Para San Rosendo, saneamento e traída de auga a conta dos nosos cartos, e moitas das nosas aldeas sen auga e sen saneamento. Ben se ve en quen pensa este alcalde. No negocio privado.

progreso1decora1-041

portapapeles012

decora1-042Consulta o BOE do 2006 no que se publicaba o orzamento do centro de día de Baralla


Ver máis prensa

Residencia privada

Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

Hoxe temos pleno extraordinario, no que o alcalde leva a votación o convenio coa empresa-fundación San Rosendo para a construción dunha residencia da terceira idade. O alcalde vaille “regalar” a esta empresa-fundación privada as obras de accesos, traída de auga, saneamento, peches, portas de entrada, aparcadoiro e rede eléctrica. Si, o mesmo alcalde que rexeitou destinar diñeiro dos orzamentos do Concello para a construción dun centro de día con prazas de residencia, vaille pagar as obras de urbanización a San Rosendo. Si, esa empresa-fundación que xestiona hoteis de catro estrelas. Esa empresa-fundación que ten un presidente condenado pola audiencia provincial de Ourense por suposta apropiación indebida (El Correo Gallego dixit). Un proxecto de residencia que non contempla un centro de día, porque iso non dá cartos. E cantos veciños e veciñas de Baralla van poder pagar os máis de 1300 € ao mes que custa cada praza das residencias privadas de San Rosendo? Pero xa sabemos que “o negocio chama negocio”.

Ampliar os servizos sociais

Grupo Municipal, Área fluvial Non hai comentarios

Todos coñecemos casos de persoas, de veciños nosos que precisarían que o Concello lles asignase o servizo de axuda a domicilio. Por certo, unha actuación para a que o Concello vai recibir este ano da Vicepresidencia da Igualdade, preto de 88.000 € para cubrir os gastos de axuda no fogar para dependentes e para os servizos sociais de atención primaria. Esa é a aposta do BNG: intentar manter os maiores preto dos seus veciños e familia. E por iso aumentamos o financiamento da axuda no fogar nos concellos, puxemos en marcha o programa xantar na casa, e agora o servizo de transporte adaptado 065.
Falta por ver que vai facer o PP con esas alternativas. Os anuncios de Feijoo non lles dan moita vida. E a actitude do noso alcalde xa quedou clara coa nosa proposta para crear o Centro de Día. Dicía que non había terreos. El por suposto, aposta máis polas residencias privadas, polo negocio privado. Por algo está no PP.


Transporte adaptado. O 065 tamén en Baralla

Grupo Municipal Non hai comentarios

O 065 é unha das moitas iniciativas que puxemos en marcha desde Vicepresidencia co obxectivo de crear unha rede de servizos sociais pública no país. Algo moi necesario para concellos do rural coma o noso. Xa funcionaba xantar na casa e agora vai empezar a funcionar o servizo de transporte adaptado 065,un servizo que lles vai permitir aos nosos veciños dependentes e maiores contar cun transporte público, cando necesiten desprazarse a un centro de día, a unha consulta, …
Aínda que o alcalde non o poña no bando, quen o puxo en funcionamento foi a Vicepresidencia, área dirixida polo BNG. Agora anuncia Feijoo, que vai desmantelar o Consorcio de Servizos Sociais e con el o servizo público.
A xente debe saber que foi o BNG quen o puxo en funcionamento e que é o PP quen o quere eliminar.

portapapeles012

Máis información sobre o servizos de transporte adaptado 065

Ver Bando

portapapeles01

Escolas en condicións

Sen clasificar 1 Comentario

Non é que nos sorprendese, pero o alcalde e o PP votaron en contra da nosa proposta de iniciar este ano un programa de actuacións e amaños nas escolas rurais do concello.
Segundo o sr. Capón, “teñen pouco uso”. Se o BNG lle propoñía empezar a mellorar os servizos e as instalacións das escolas era precisamente para que se lles puidese dar uso, para que os veciños as puidesen usar nun mínimo de condicións.
O BNG sabe que son un número importante e que non se poden amañar todas a un tempo, por iso o que reclamamos é que se empece. Pero nin así. Polo visto non interesa manter e conservar ese importantísimo patrimonio social, cultural e tamén urbanístico co que contamos. Segundo o sr. Capón, igual o fan “ao seu paso”. E xa sabemos cal é o seu paso. O concello ben o sabe: un paso atrás, detrás doutro.

decora1-04progreso

portapapeles011