Residencia privada

11:51 am Grupo Municipal, Área fluvial

Hoxe temos pleno extraordinario, no que o alcalde leva a votación o convenio coa empresa-fundación San Rosendo para a construción dunha residencia da terceira idade. O alcalde vaille “regalar” a esta empresa-fundación privada as obras de accesos, traída de auga, saneamento, peches, portas de entrada, aparcadoiro e rede eléctrica. Si, o mesmo alcalde que rexeitou destinar diñeiro dos orzamentos do Concello para a construción dun centro de día con prazas de residencia, vaille pagar as obras de urbanización a San Rosendo. Si, esa empresa-fundación que xestiona hoteis de catro estrelas. Esa empresa-fundación que ten un presidente condenado pola audiencia provincial de Ourense por suposta apropiación indebida (El Correo Gallego dixit). Un proxecto de residencia que non contempla un centro de día, porque iso non dá cartos. E cantos veciños e veciñas de Baralla van poder pagar os máis de 1300 € ao mes que custa cada praza das residencias privadas de San Rosendo? Pero xa sabemos que “o negocio chama negocio”.



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.