28 Maio, 2009
Acesos e pistas, Grupo Municipal, Notas de prensa
Non hai comentarios
O BNG DE BARALLA PÍDELLE AO CONCELLO QUE AXILICE O DESBROZAMENTO DAS PISTAS
Pregunta tamén polo proxecto de selamento do vertedoiro licitado polo bipartito
O BNG de Baralla vai defender mañá venres, ás 8 da tarde, no pleno da Corporación, unha iniciativa na que lle pide ao alcalde que axilice os traballos de limpeza e desbrozamento das pistas municipais e de accesos aos núcleos, e así mesmo, que se dirixa ao resto das administracións, para reclamar a limpeza mecánica dos viais e estradas da súa competencia. Nalgúns casos, os silveiros e herba “dificultan a visibilidade nos distintos viais e pistas do concello e, incluso nos cruzamentos pode provocar algún accidente”.
Os nacionalistas inciden en que as actuacións de desbrozamento e limpeza, necesarias todos os anos, aínda se fan máis imprescindíbeis este ano, como consecuencia dos temporais do pasado inverno.
Así mesmo, o BNG vaise interesar pola situación actual, co cambio de goberno na Xunta, do proxecto licitado polo bipartito de selamento do vertedoiro municipal de lixo. Becerra lembra que tivo que ser co BNG no goberno da Xunta cando se puxese en marcha o pechamento do vertedoiro e por iso reclama agora información. O nacionalista incide en que “quéremos saber se o PP vai facer as obras previstas para pechar o vertedoiro ou tamén as vai paralizar”.
O BNG tamén vai presentar unha proposta para que o alcalde asuma encargarlle prioritariamente as obras e os servizos e a compra de material en empresas, comercios e autónomos de Baralla. O voceiro nacionalista fai fincapé en que “son os que pagan os impostos en Baralla e o concello debe pensar neles prioritariamente”. Para o BNG esa actuación permite fortalecer o tecido económico local e manter os postos de traballo.
19 Maio, 2009
Grupo Municipal, Área fluvial
Non hai comentarios
Este domingo, milleiros de persoas dixémoslle ao PP e a Feijoo que queremos vivir na nosa lingua. Que non imos dar un paso atrás na defensa do noso idioma. A identidade dun país non depende duns resultados electorais e a administración pública , sexa a que sexa, ten a obriga de defender a nosa personalidade lingüística. Pero o PP quere usarnos de laboratorio. Segregar os nosos rapaces e rapazas en distintas clases: esa é a súa proposta.
Se pensabades que os tempos do apartheid remataran, estabades equivocados. Xa está o PP para promovelo.

14 Maio, 2009
Grupo Municipal, Área fluvial
Non hai comentarios
Todos sabemos que con case 1.600.000 euros de orzamento- con máis de 266 millóns de ptas-, que se poderían facer moitas cousas por Baralla. Pero claro, fai falla rigor e control no gasto e confianza no futuro do concello, e iso é algo que o alcalde non ten. O orzamento que aprobou en pleno o PP para o ano 2009 supón un descenso con relación ao ano 2008 de máis do 11 %. O diñeiro destinado a obras baixa máis dun 57 %, máis de 292.000 €, pola súa falta de traballo, de control do gasto e pola súa mala xestión. A obra estrela, volve ser a “ampliación do cemiterio”. Esa, precisamente, é a visión de futuro que o Sr. Capón lle dá ao concello. E o que necesita Baralla é máis vida e saídas laborais para a nosa mocidade.Non se inclúe nin un euro para o polígono industrial, nin para o Centro de Día, nin para a galescola, nin para as traídas de auga, nin para saneamentos, nin se aposta por un plan anual de conservación de pistas.

7 Maio, 2009
Cultura e deporte, Sen clasificar
Non hai comentarios
Como vos contaba hai uns días, o alcalde eo PP, aprobaron asinar un convenio coa fundación-empresa San Rosendo, que preside Benigno Moure, para facerlles con cartos de todos os veciños, unha boa parte das obra da residencia privada. Finalmente, o Tribunal Supremo condenouno por apropiarse de máis de 500.000 € dunha anciá ingresada nunha das súas residencias. Esa é a xente a quen o Sr. Capón e o PP lle vai regalar o diñeiro para facer as súas obras.

Se queres ver a sentenza pica enTribunal Supremoh
Tipo órgano: Tribunal Supremo. Sala de lo Penal Municipio: Madrid — Sección: 1 Ponente: JULIAN ARTEMIO SANCHEZ MELGAR Nº Recurso: 1317/2008 — Fecha resolución: 14/04/2009 Tipo resolución: Sentencia Resumen: * Delito continuado de apropiación indebida. Conceptuación como delito de estafa continuad…