O mesmo trato para os gandeiros galegos
Xuño 18, 2009 1:28 pm Grupo MunicipalOnte centos de gandeiros pedíronlle á Xunta de Galiza e ao Ministerio de Madrid que lle poñan solucións á grave crise que está padecendo o sector agrario, do leite e da carne. Feijoo e o PP cansáronse de dicir que tiñan a solución. E xa se vai vendo cal é: volver a dar axudas, primar as explotacións para que abandonen o sector. A súa receita é eliminar o sector. E o Ministerio? Desde o Estado, milleiros de euros para os bancos, para as caixas, …milleiros de euros para a automoción,… Pois o BNG reclama o mesmo trato para o noso sector económico básico: axudas directas para o sector do leite. Os gandeiros galegos, a economía galega ten os mesmos dereitos.



