Máis medidas reaccionarias
Xuño 24, 2009 1:28 pm Notas de prensaO PP vén de anunciar a eliminación do programa de gratuídade dos libros de texto, unha medida que introducía a mecánica de coidado dos libros e que beneficiaba a máis de 82.000 familias que a día de hoxe non saben que vai pasar. Tamén na educación, o PP aposta por recortar gasto social. Non é nada novo, pero non por iso menos grave.
Por certo, para atentar contra o idioma si que corren. Onte, o PP aprobaba no parlamento a eliminación do exame de galego das oposicións na administración e hoxe xa publicaba a modificación da Lei no DOG. Esa decisión ábrelles as portas aos opositores de fóra de Galiza. Supoño que a mocidade que votou PP nas eleccións ao Parlamento galego tomará nota de como traballa o PP para crear postos de traballo. Pero para os de fóra.



