28 Setembro, 2009
Sen clasificar
Non hai comentarios
Xa se sabe que ás veces é o menos común dos sentidos e que certas decisións, poden ser, cando menos discutíbeis. Pero tamén é certo que as decisións deben estar motivadas pola busca de solucións. Todo isto vén a conto da prohición de circulación que o alcalde estableceu no acceso a rúa do Centro de Saúde desde A Estrada de Aranza. Un servizo público como o sanitario debe ser prioritario á hora de deseñar un distibución da circulación viaria na vila, máxime cando parece evidente que para Baralla, polo índice de circulación, non sería necesaria esa prohibición. O outro día no pleno, preguntamos por esta decisión. Para o BNG é un erro. Ou é que no se podía manter a circulación nos dous sentidos con zona de aparcadoiro incluída? E ademais, que non se poida virar a esquerda, vai agravar a situacion no acceso dos escolares ao CPI.
Pica para ampliar as fotos


10 Setembro, 2009
Grupo Municipal
Non hai comentarios
Hoxe fíxose público o posicionamento dos directores e directoras dos colexios da comarca contra o peche de unidades escolares que decidiu o PP, como é o caso do colexio de Doiras. O Partido Popular en estado puro. Primeiro eliminou o sistema de préstamo universal de libros e as familias teñen que pagar agora por un dereito que establece a constitución que seica tanto defenden. E agora comezan cos recortes de profesorado e aulas no rural de Lugo. Iso si, subvencións da Xunta do PP, cos cartos de todos os galegos, a colexios que separan a nenos e nenas nas aulas por sexos, as que fagan falta. Hoxe son os de Doiras, pero mañá pódenos tocar a nós.
3 Setembro, 2009
Grupo Municipal
Non hai comentarios
Cando os cartos que se gastan son os de todos, non importa a crise. Iso, polo visto, é o que pensa o Sr. Capón. Outro ano máis, cos cartos de todos os veciños, organizou un xantar para os seus invitados na área fluvial. O ano pasado foron máis de tres mil euros os que fundiu nese banquete e este ano non parece que vaian ser menos.
Desde o seu punto de vista, como xa nos dixo no pleno cando preguntamos por eses gastos, non é moito. Se cadra, porque eses tres mil euros é a cantidade que se autocolocou como salario mensual.
Haberá a quen aínda lle pareza pouco, pero o que si está claro é que polo traballo que fai, polo que traballa por Baralla, non merece nin ese nin ningún.