Outra enchedela
Setembro 3, 2009 9:58 am Grupo MunicipalCando os cartos que se gastan son os de todos, non importa a crise. Iso, polo visto, é o que pensa o Sr. Capón. Outro ano máis, cos cartos de todos os veciños, organizou un xantar para os seus invitados na área fluvial. O ano pasado foron máis de tres mil euros os que fundiu nese banquete e este ano non parece que vaian ser menos.
Desde o seu punto de vista, como xa nos dixo no pleno cando preguntamos por eses gastos, non é moito. Se cadra, porque eses tres mil euros é a cantidade que se autocolocou como salario mensual.
Haberá a quen aínda lle pareza pouco, pero o que si está claro é que polo traballo que fai, polo que traballa por Baralla, non merece nin ese nin ningún.



