O PP elimina servizos públicos
10 Setembro, 2009 Grupo Municipal Non hai comentariosHoxe fíxose público o posicionamento dos directores e directoras dos colexios da comarca contra o peche de unidades escolares que decidiu o PP, como é o caso do colexio de Doiras. O Partido Popular en estado puro. Primeiro eliminou o sistema de préstamo universal de libros e as familias teñen que pagar agora por un dereito que establece a constitución que seica tanto defenden. E agora comezan cos recortes de profesorado e aulas no rural de Lugo. Iso si, subvencións da Xunta do PP, cos cartos de todos os galegos, a colexios que separan a nenos e nenas nas aulas por sexos, as que fagan falta. Hoxe son os de Doiras, pero mañá pódenos tocar a nós.



