Sentidiño común
Setembro 28, 2009 6:38 pm Sen clasificarXa se sabe que ás veces é o menos común dos sentidos e que certas decisións, poden ser, cando menos discutíbeis. Pero tamén é certo que as decisións deben estar motivadas pola busca de solucións. Todo isto vén a conto da prohición de circulación que o alcalde estableceu no acceso a rúa do Centro de Saúde desde A Estrada de Aranza. Un servizo público como o sanitario debe ser prioritario á hora de deseñar un distibución da circulación viaria na vila, máxime cando parece evidente que para Baralla, polo índice de circulación, non sería necesaria esa prohibición. O outro día no pleno, preguntamos por esta decisión. Para o BNG é un erro. Ou é que no se podía manter a circulación nos dous sentidos con zona de aparcadoiro incluída? E ademais, que non se poida virar a esquerda, vai agravar a situacion no acceso dos escolares ao CPI.
Pica para ampliar as fotos





