Pechar servizos públicos:matar o futuro do concello

Sen clasificar Non hai comentarios

A diferenza está en crer e querer mellor futuro para os veciños e veciñas do concello, ou pensar atender antes outros intereses. O alcalde e o PP de Baralla votaron en contra de que siga aberra a Oficina de Igualdade e Benestar que se abriu no antigo comercio de Pedro de Airexe, co BNG no Goberno da Xunta. O alcalde e o PP son cómplices de que se vaia pechar este servizo público. Como xa o foron hai anos de que marchasen as urxencias médicas do Centro de Saúde. O dia do pleno, o alcalde falaba de bos e malos. Nesa tesitura, parece que hai algo ben claro: os bos son os que abren servizos públicos no rural. Os malos, os que os pechan.

Becerra criticó la pasividad por la pérdida de un servicio en Baralla

Lois Diéguez

Sen clasificar Non hai comentarios

Mañá pola tarde, os que dalgún xeito convivimos con el, queremos facer público e compartido o noso recoñecemento.
Non son eu dos que me gusta falar de homenaxes, e si máis de recoñecementos. Recoñecemento por traballo e dedicación, por amor e paixón, por compromiso e lealdade, por amizade e orgullo, por dignidade e firmeza, por alegría e por diálogo … Todo iso é Lois Diéguez. Éo para min, e cada quen, afortunadamente, decide a quen quere e con quen convive.

Por que Baralla non dispón de pediatra?

Grupo Municipal Non hai comentarios

Para poder vivir no rural necesitamos apostar polos servizos públicos. Entre eles os dedicados á infancia: atención pediátrica e gardaría infantil. Durante os últimos anos levamos varias iniciativas a Pleno para intentar que o alcalde se mollase para poñer en marcha a Galescola de Baralla (unha actuación que a Vicepresidencia xa lle asignara a Baralla). Pero ao sr. Capón non lle interesaba e por iso seguimos sen ela. Os do BNG tamén batallamos para que puideramos contar no Centro de Saúde de Baralla, cando menos algún día á semana, cun pediatra. Aí tampouco este alcalde se mollou. Ou é que en máis de 20 anos de alcaldía do PP non o puido conseguir? Nin sequera o intentou. O BNG volve insistir nese tema. Se queremos manter a poboación do concello, non nos queda outra. Máis servizos públicos, tamén para os cativos.

O BNG non entende por que Baralla segue sen pediatra

Contra o pechamento da oficina de Igualdade e Benestar

Sen clasificar Non hai comentarios

Esta visto que queren destruír todos os servizos sociais. O PP anuncia, deixa caer, que vai pechar as oficinas de I+B que o BNG puxo en marcha desde as súas responsabilidades de goberno. Unha desas oficinas está en Baralla. Durante anos e anos, Baralla foi perdendo servizos públicos. E foi coa chegada do BNG ao goberno da Xunta, cando despois de moitos anos, abría en Baralla unha oficina dunha consellaría da Xunta de Galicia, un servizo público. O alcalde, e os seus altavoces, xa se encargaron desde un principio, de desacreditala. E agora van intentar dar un paso máis. Pero como fixemos coa oficina de Extensión Agraria, o BNG vai defender ese servizo público. Os veciños de Baralla xóganse moito nesa batalla.